Isabel Allende
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2024.) |
Isabel Allende Llona ( pronunciación (axuda · info)), nada en Lima (Perú) o 2 de agosto de 1942, é unha escritora chilena. Actualmente reside nos Estados Unidos. Unha das escritoras máis destacadas do mundo, con vendas por riba de 35 millóns de exemplares e traducida en 27 linguas. A súa obra vén marcada pola ditadura chilena, implantada co golpe militar que en 1973 derrubou o goberno do seu tío Salvador Allende.
Traxectoria
editarNace no Perú, con todo é cidadá chilena desde o seu nacemento. Filla de Tomás Allende, funcionario diplomático de Chile e primo irmán de Salvador Allende, e de Francisca Llona. Os seus pais separáronse en 1945, retornando a súa nai a Chile con ela e os seus dous irmáns.Entre 1953 e 1958, a súa familia residiu sucesivamente en Bolivia e Beirut (Líbano). En Bolivia frecuentou unha escola estadounidense e en Beirut un colexio privado inglés. En 1958 retornou a Chile e reencontrouse con Miguel Frías, con quen contraeu matrimonio en 1962.
Dende 1959 ata 1965 traballou na Organización das Nacións Unidas para a Organización para a Agricultura e a Alimentación (FAO) en Santiago de Chile. En 1963 naceu a súa filla Paula. Os anos seguintes pasou longas tempadas en Europa, residindo especialmente en Bruxelas e Suíza. De retorno a Chile en 1966 naceu o seu fillo Nicolás.
A partir de 1967 tomou parte na redacción da revista Paula, ó tempo que publicou artigos sobre diversos temas. Posteriormente realizou diversas colaboracións para a revista infantil Mampato e publicou dous contos para nenos La abuela Panchita e Lauchas y lauchones, ratas y ratones e unha colección de artigos titulada Civilice a su troglodita; ademais traballou en dúas canles de televisión chilenas.
En 1973 estreou a súa obra de teatro El embajador. Ese mesmo ano, se produciu o golpe de Estado encabezado polo xeral Pinochet, no que morreu o seu tío avó. En 1975 exiliouse coa súa familia en Venezuela. Alí permaneceu 13 anos traballando no diario El Nacional de Caracas e nunha escola secundaria ata 1982, e publicou a obra La casa de los siete espejos (1975).
En 1981, tendo o seu avó 99 anos e estando o mesmo ás portas da morte, comezou a lle escribir unha carta que se converteu nun manuscrito. La casa de los espíritus (1982), a súa primeira novela e, a súa obra máis coñecida. Esta suscitou un grande interese e máis tarde foi adaptada ó cine (por Bille August) e ó teatro.
En 1984, publicou De amor y de sombra, que rapidamente se converteu noutro grande éxito e que tamén foi levada ó cine. As viaxes constantes que emprendeu promovendo os seus libros fixeron que o seu matrimonio con Frías chegase a termo. Divorciada do seu marido, casou con Willie Gordon o 7 de xullo de 1988 en San Francisco.
En 1988, concorreu a votar no plebiscito que fixo dimitir ó ditador Pinochet. En 1990, co retorno da democracia en Chile, foi distinguida co premio Gabriela Mistral polo presidente Patricio Aylwin.
Trala morte da súa filla Paula, Allende publicou o libro de memorias Paula (1994). Este esta escrito en forma de carta dirixido á súa filla, cando esta se achaba en coma nun hospital de Madrid. Son unha memoria dos seus anos de nenez e de exilio. Paula morreu de porfiria en 1992.
Actualmente reside en San Rafael (California). Foi distinguida na Academia de Artes e Letras dos Estados Unidos.
Obra
editar- La casa de los espíritus (1982).
- La gorda de porcelana (1984).
- De amor y de sombra (1984).
- Eva Luna (1987).
- Cuentos de Eva Luna (1989).
- El plan infinito (1991).
- Paula (1994).
- Afrodita (1997).
- Hija de la fortuna (1999).
- Retrato en sepia (2000).
- La ciudad de las bestias (2002).
- Mi país inventado (2003)
- El Reino del Dragón de Oro (2003)
- El Bosque de los Pigmeos (2004)
- El Zorro (2005)
- Inés del alma mía (2006)
Premios
editar- Mellor novela do ano (Chile, 1983).
- Panorama Literario (Chile, 1983).
- Autor do ano (Alemaña, 1984).
- Libro do ano (Alemaña, 1984).
- Grand Prix d'Evasion (Francia, 1984).
- Grand Prix A radio Television Belge (Point de Olle, 1985).
- Mellor Novela (México, 1985).
- Premio Literario Colima (México, 1986).
- Quality Paperback Book Club New Voice (Estados Unidos; nomeamento en 1986).
- Autor do ano (Alemaña, 1986).
- XV Premio Internazionale I Migliori Dell'Anno (Italia, 1987).
- Premio Mulheres á Mellor Novela Estranxeira (Portugal, 1987).
- Nomeamento ó Los Angeles Times Book Prize (Estados Unidos, 1987).
- Library Journal's Best Book (Estados Unidos, 1988).
- Before Columbus Foundation Award (Estados Unidos, 1988).
- Premio Literario XLI Bancarella (Italia, 1993).
- Independent Foreign Fiction Award (Inglaterra, xuño-xullo de 1993).
- Brandeis University Major Book Collection Award (Estados Unidos, 1993).
- Feminist of the Year Award, The Feminist; Majority Foundation (Estados Unidos, 1994).
- Critics' Choice (Estados Unidos, 1996).
- Books to Remember, American Library Assoc. (Estados Unidos, 1996).
- Hispanic Heritage Award for Literature (Estados Unidos, 1996).
- Malaparte Amici dei Capri (Italia, 1998).
- Donna Citta Dei Roma (Italia, 1998).
- Dorothy and Lillian Gish Award (Estados Unidos, 1998).
- Sara Le Foundation (Estados Unidos, 1998).
- Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia (2006).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isabel Allende |