Isoglosa

fronteira xeográfica entre fenómenos lingüísticos

Unha isoglosa é unha liña imaxinaria que divide xeograficamente a existencia de dous fenómenos lingüísticos distintos.[1] Os trazos poden ser fonéticos, fonolóxicos, morfolóxicos, sintácticos e mesmo pragmáticos. Partindo como exemplo do galego actual, as isoglosas dos principais fenómenos (plurais dos substantivos e adxectivos rematados en -n e -l, variantes no paradigma dos verbos, na estrutura fonolóxica, nas realizacións fonéticas, gheada, seseo, etc.) contribúen a delimitar o territorio dos tres bloques lingüísticos: occidental, central e oriental. Porén, unha isoglosa pode internarse non só nas falas dun determinado idioma, senón en dominios pertencentes ao que se consideran linguas distintas. Este fenómeno tipifica as áreas ocupadas por dialectos procedentes dun tronco común, de aí que cando se trata de describir tecnicamente as variantes desde o punto de vista sincrónico non sexa apropiado referirse a linguas, senón a fenómenos dialectais que se van sucedendo a través de continuum[2] lingüísticos.

Áreas lingüísticas da lingua galega, con diversas isoglosas.

Os problemas na definición de lingua proceden dunha súa característica: a continuidade. En lingüística fálase de continuum lingüístico na Romania (onde se falan linguas románicas ou neolatinas), debido a que existen trazos (chamados variantes) que xeograficamente se perden nun límite e outros que se perden noutro. A estas fronteiras distribucionais ou isoglosas poden agruparse (e polo tanto se chamarán substitutivas ou consecutivas) ou aparecer illadas (e se chaman constitutivas, difusas ou graduais):

Como se ve, as isoglosas poden concentrarse en determinadas rexións ou aparecer illadamente: no primeiro caso chámanse fronteiras lingüísticas constitutivas e no segundo substitutivas ou consecutivas. As fronteiras das linguas románicas na Península Ibérica son constitutivas na súa parte setentrional (galego e asturiano, asturiano e castelán ou castelán e aragonés) e substitutivas na súa parte meridional (portugués e castelán. Isto pasa tamén na fronteira entre as linguas iberorromances e a Galorromania, pois tamén se dá así entre o aragonés e o catalán no norte ou castelán e catalán en Valencia no sur. Normalmente na Península Ibérica, as fronteiras interlingüísticas máis importantes agrúpanse na dirección norte-sur, mentres que as intralingüísticas se desenvolven na dirección este-oeste.

Exemplos de isoglosas na lingua galega

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para isoglosa.
  2. VV.AA. "FilóbLogos". Consultado o 30/05/2015. 
  NODES
Intern 3
iOS 1
os 55
todo 1