Iuri Malenchenko
Iuri Ivanovich Malenchenko, nado en Svitlovodsk (Ucraína) o 22 de decembro de 1961, é un astronauta ruso que formou parte das misións Soiuz TM-19, STS-106, Soiuz TMA-2, Soiuz TMA-11, Soiuz TMA-05M e Soiuz TMA-19M e que foi membro das expedicións 7, 32, 33, 16, 46 e 47 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria
editarMalenchenko graduouse na Escola de Aviación Militar Kharkov de Moscova en 1983 e na Academia Zhukovsky de Enxeñaría da Forza Aérea en 1993.[1]
Foi seleccionado como cosmonauta en decembro de 1987, adestrando ata xuño de 1989 e participando nas misións Soiuz TM-19, STS-106, Soiuz TMA-2, Soiuz TMA-11, Soiuz TMA-05M e Soiuz TMA-19M, sendo membro das expedicións 7, 32, 33, 16, 46 e 47 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 827,39 días no espazo.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Malenchenko, Yuri Ivanovich" (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2020.
- ↑ Space.com, ed. (9 de outubro de 2007). "Cosmonaut Biography: Yuri Ivanovich Malenchenko" (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Iuri Malenchenko |