Iznájar é un municipioespañol da provincia de Córdoba, Andalucía.
No ano 2010 tiña 4.714 habitantes. A extensión superficial do seu termo municipal é de 136 km² e tiña unha densidade de 34,57 hab/km². As coordenadas xeográficas do núcleo urbano son 37º15' N e 4º18' O. A vila, coroada polo Castelo de Hisn-Ashar e a Parroquia de Santiago Apóstolo, atópase a unha altitude de 539 msnm e a 110 km da capital de provincia, Córdoba. A finais do século XIX, máis de dous terzos da súa poboación estaba diseminada por cortixos, casas de campo e aldeas. Aínda na actualidade, máis da metade dos habitantes están inseridos no rural.