Jørn Utzon

arquitecto danés

Jørn Utzon, nado en Copenhaguen o 9 de abril de 1918 e finado o 29 de novembro de 2008, foi un arquitecto dinamarqués de recoñecido prestixio en todo o mundo.

Modelo:BiografíaJørn Utzon

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de abril de 1918 Editar o valor en Wikidata
Copenhague, Dinamarca Editar o valor en Wikidata
Morte29 de novembro de 2008 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Helsingor (Dinamarca) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaHellebæk Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónRoyal Danish Academy of Fine Arts (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Sydney
Copenhague
Teherán
Cidade de Kuwait
Helsingor (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónarquitecto Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresSteen Eiler Rasmussen Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosJan Utzon, Lin Utzon, Kim Utzon Editar o valor en Wikidata
PaiAage Utzon Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1188295 Dialnet: 1956247 WikiTree: Utzon-1 Find a Grave: 31883241 Editar o valor en Wikidata
Ópera de Sydney, Sydney (Australia), 195673.

Traxectoria

editar

Fillo dun enxeñeiro naval, medrou en Dinamarca. En 1957 gañou inesperadamente o concurso para unha nova casa da ópera na cidade australiana de Sydney. Nos seguintes anos, Utzon gradualmente desenvolveu un xeito para a construción das enormes cunchas que cobren os dous muros.

Tamén tiña plans espectaculares para o interior dos vestíbulos, pero por motivos políticos, o novo goberno electo do estado de Nova Gales Sur parou os pagamentos ao arquitecto, polo que este deixou o país en 1966. Nunca volveu.

A Casa da Ópera de Sydney rematouse finalmente e foi aberta no 1973 pola raíña Isabel II, sendo agora un dos máis recoñecibeis edificios do mundo.

En marzo de 2003, Utzon foi galardoado co título de Doutor Honoris pola Universidade de Sydney. O fillo do arquitecto aceptou o galardón en nome do seu o pai, o cal estaba moi enfermo para viaxar a Australia. Utzon foi galardoado tamén coa Orde de Australia e coa Chave da Cidade de Sydney. Estivo tamén envolto nos traballos de remodelación e redeseño da casa da ópera, principalmente no ástrago da entrada, seguindo o acordo feito no ano 2000. No ano 2003, o arquitecto dinamarqués recibiu o maior honor coma arquitecto, foi galardoado co Premio Pritzker.

Véxase tamén

editar
 
Edificios Elineberg, Helsingborg (Suecia), 195466.

Ligazóns externas

editar



  NODES
iOS 3
os 22
todo 2