James Rainwater
Leo James Rainwater, nado o 9 de decembro de 1917 en Council (Idaho, Estados Unidos) e finado en Nova York o 31 de maio de 1986, foi un físico estadounidense galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1975.
(1975) | |
Nome orixinal | (en) Leo James Rainwater |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 9 de decembro de 1917 Council, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 31 de maio de 1986 (68 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Educación | Instituto Tecnolóxico de California Universidade Columbia |
Director de tese | John Ray Dunning (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Física atómica |
Ocupación | físico, científico nuclear, profesor universitario |
Empregador | Universidade Columbia |
Membro de | |
Alumnos | Val Logsdon Fitch |
Participou en | |
1939 | Proxecto Manhattan |
Obra | |
Doutorando | Val Logsdon Fitch |
Arquivos en | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia Physicists: Biographical Dictionary (en) , (p.231) |
Traxectoria
editarNaceu na cidade de Council, situada en Idaho. En 1918, despois da morte do seu pai pola epidemia de gripe española, a súa familia trasladouse ata Hanford, no estado de California. Alí estudou física no Instituto Tecnolóxico de California, onde se licenciou en 1939 e, posteriormente, conseguiu o doutoramento na Universidade de Columbia en 1946. En 1952 foi nomeado profesor de física na Universidade de Columbia.
Investigacións científicas
editarDurante a segunda guerra mundial entrou a traballar no proxecto de desenvolvemento da bomba atómica. A partir de 1949 comezou a desenvolver a súa teoría de que, contrariamente ao que entón se cría, non todos os núcleos atómicos son esféricos. As súas ideas foron probadas e confirmadas máis adiante por Aage Niels Bohr e os experimentos de Ben Roy Mottelson realizados no Instituto Niels Bohr de Copenhague (Dinamarca).
James Rainwater tamén contribuíu na comprensión científica das radiografías e participou na Comisión da Enerxía Atómica dos Estados Unidos e proxectos de investigación navais por decisión do goberno dos Estados Unidos.
En 1975 foi galardoado, xunto a Aage Niels Bohr e Ben Roy Mottelson, co Premio Nobel de Física.
Leo James Rainwater morreu o 31 de maio de 1986 na súa cidade natal de Council.