Jan Terlouw
científico, político e escritor neerlandés
Jan Cornelis Terlouw, nado en Kamperveen en 1931, é un científico, político e escritor neerlandés.
Traxectoria
editarEstudou matemáticas e física na Universidade de Utrecht, traballou como físico nos Países Baixos, nos Estados Unidos e Suecia. En 1966 saíu elixido polo partido político Demócratas 66 como deputado no parlamento holandés, e foi o líder do partido entre 1973 e 1982.
É autor de libros para nenos e xente nova e está inscrito na lista de honra do premio Hans Christian Andersen .
Obras
editar- 1970 Oom Willibrord
- 1970 Pjotr
- 1971 Bij ons in Caddum
- 1971 Koning van Katoren
- 1972 Oorlogswinter
- 1973 Briefgeheim (A carta en clave, tradución de Xela Arias de 1995)
- 1975 De nieuwe trapeze
- 1976 Oosterschelde (Inverno en tempo de guerra, tradución galega 1992)
- 1978 De derde kamer
- 1983 De kloof
- 1986 Gevangenis met een open deur (Barrotes de bambú, tradución galega 1990)
- 1989 De kunstrijder
- 1993 De uitdaging en andere verhalen
- 1998 Eigen rechter
- 2005 Herfstdagboek