Jet2.com
Jet2.com é unha aeroliña de baixo custo británica baseada no aeroporto de Leeds Bradford. Jet2.com é a cuarta aeroliña de voos regulares máis grande do Reino Unido.[1] Ademais da súa base principal en Leeds Bradford, ten outras nos aeroportos de Manchester, Belfast-International, Edimburgo, Newcastle, East Midlands, Glasgow, Alacant, Birmingham e Londres-Stansted. A aeroliña ten unha licenza de operación tipo A, que lle permite transportar pasaxeiros, carga e correo en avións con 20 asentos ou máis. Jet2.com tamén ofrece servizos chárter a través da súa marca Jet2charters.
Jet2.com | ||
---|---|---|
IATA LS | OACI EXS | Indicativo CHANNEX |
Fundación | 1983 (como Channel Express) | |
Frota | 70 | |
Destinos | 58 | |
Holding | Dart Group PLC | |
Eslogan da compañía | Friendly Low Fares | |
Sede | ||
Páxina web: http://www.jet2.com/ |
Frota
editarEn agosto de 2017 a frota de Jet2.com estaba formada polos seguintes avións:[2][3]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas |
---|---|---|---|---|
Boeing 737-300 | 20 | — | 148 | Catro convertidos a configuración Quick Change Serán substituídos gradualmente por 737-800 |
Boeing 737-800 | 39 | 18[4][5] | 189 | Entregas ata xaneiro de 2019 |
Boeing 757-200 | 11 | — | 235 | |
Total | 70 | 18 |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarNotas
editar- ↑ CAA.co.uk (ed.). "Airline Data - Civil Aviation Authority" (PDF). Archived from the original on 21 de setembro de 2015. Consultado o 14 de setembro de 2017.
- ↑ Civil Aviation Authority (ed.). "GINFO Search Results Summary". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2017. Consultado o 14 de setembro de 2017.
- ↑ ch-aviation (ed.). "Jet2 accelerates B737 freighter fleet phase out". Consultado o 14 de setembro de 2017.
- ↑ Boeing (ed.). "Entregas e pedidos do 737". Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2018. Consultado o 14 de setembro de 2017.
- ↑ Travel Weekly (ed.). "Four additional aircraft ordered for Jet2.com". Consultado o 14 de setembro de 2017.