Johann Elert Bode
Johann Elert Bode, nado en Hamburgo o 19 de xaneiro de 1747 e finado en Berlín o 23 de novembro de 1826, foi un astrónomo alemán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xaneiro de 1747 Hamburgo, Alemaña |
Morte | 23 de novembro de 1826 (79 anos) Berlín, Alemaña |
Director de tese | Johann Georg Büsch |
Actividade | |
Campo de traballo | Astronomía |
Ocupación | astrónomo, profesor universitario |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Johann Friedrich Pfaff e Johann Georg von Soldner |
Premios | |
Descrito pola fonte | Svensk Uppslagsbok (pt) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarA pesar de ser un grande observacionista, a súa carreira viuse inmersa nunha interminable serie de polémicas pola precedencia dos seus descubrimentos. En 1768 publicou o libro Anleitung zur Kenntniß des gestirnten Himmels, na segunda edición, de 1772, nunha nota a pé de páxina incluíu unha lei empírica sobre distancias planetarias formulada por Johann Daniel Titius[1], que hoxe se coñece como Lei de Titius-Bode.
Foi tamén un gran descubridor e catalogador de obxectos do espazo profundo, como nebulosas e cúmulos globulares. Descubriu as galaxias M81 e M82 en 1774 e a M54 ao ano seguinte. A lista dos obxectos atopados por primeira vez por Bode é moi ampla e entre elas atópanse o cúmulo globular M92, a galaxia M64, os cúmulos abertos M48 e IC 4665 e o cometa C1779A1Bode.
Dende 1787 ata 1825 Bode foi o director do Astronomisches Rechen-Institut. En 1794 foi elixido membro estranxeiro da Real Academia Sueca das Ciencias (Kungliga Vetenskapsakademien). En abril de 1789 sería elixido membro da Royal Society.
Bode morreu en Berlín o 23 de novembro de 1826 aos 79 anos de idade.
Notas
editar- ↑ Johann Elert Bode en The Munich Astro Archive, consultado o 26 de decembro de 2009