Johann Georg Wagler

Johann Georg Wagler, nado o 28 de marzo de 1800 en Núremberg e finado o 23 de agosto de 1832 en Moosach (unha pequena vila preto de Múnic), foi un zoólogo alemán, especializado en herpetoloxía.

Modelo:BiografíaJohann Georg Wagler

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de marzo de 1800 Editar o valor en Wikidata
Núremberg, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte23 de agosto de 1832 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Moosach, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía e Herpetoloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Múnic Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónzoólogo, naturalista, ornitólogo, herpetólogo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaWagler Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Wagler estudou na Universidade de Erlangen, onde obtivo o título de doutor en 1820. Participou nos traballos da Academia Bávara de Ciencias de Múnic, da que foi secretario en 1819.

En 1820, Wagler colaborou con Johann Baptist von Spix e Carl Friedrich Philipp von Martius na organización e clasificación da enorme colección que chegaran do Brasil. Ocupouse especialmente das serpentes e publicou, en 1824 e a partir das notas de Spix, Serpentum Brasiliensium.

Foi nomeado director do Museo Zoolóxico da Universidade de Múnic despois da morte de Spix, en 1826. En 1827 obtivo unha cátedra nesta mesma Universidade. Entre os seus alumnos cómpre citar a Louis Agassiz que chegara a Alemaña para traballar con Martius e Lorenz Oken.

Publicou Natürliches System der Amphibien en 1830, froito de dez anos de traballo. En 1832 publicou Monographia Psittacorum na que describiu o arara xacinta (Anodorhynchus hyacinthinus). Unha serie de 36 láminas, coloradas a man, apareceron en parte postumamente entre 1828 e 1833, Descriptiones et Icones Amphibiorum.

Wagler morreu accidentalmente aos 32 anos limpando o seu fusil.

  • Serpentum Brasiliensium Species Novae (1824)
  • Descriptiones et Icones Amphibiorum (1828-1833)
  • Natürliches System der Amphibien, mit vorangehender Classification der Säugthiere und Vogel. Ein Beitrag zur vergleichenden Zoologie (1830)
  • Monographia Psittacorum (1832)

Abreviatura

editar

A abreviatura Wagler emprégase para recoñecer a Johann Georg Wagler como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Kraig Adler, ed. (1989): Contributions to the History of Herpetology. Society for the Study of Amphibians and Reptiles (SSAR). ISBN 978-0-9169-8419-9.
  • Jean Lescure & Bernard Le Garff (2006): L'étymologie des noms d'amphibiens et de reptiles. Éditions Belin. ISBN 978-2-7011-4142-7
  NODES
orte 2
Story 1