John Adams

presidente dos Estados Unidos de América de 1797 a 1801

John Adams, nado en Quincy (Massachusetts) o 30 de outubro de 1735 e finado na mesma vila o 4 de xullo de 1826, foi o segundo Presidente dos Estados Unidos, dende 1797 ata 1801, considerado un dos pais fundadores dos Estados Unidos.

Modelo:BiografíaJohn Adams

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de outubro de 1735 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Braintree (Reino de Gran Bretaña) Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xullo de 1826 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Quincy (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaUnited First Parish Church (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente dos Estados Unidos de América
4 de marzo de 1797 – 4 de marzo de 1801
← George WashingtonThomas Jefferson →
Presidente electo dos Estados Unidos
decembro de 1796 – 4 de marzo de 1797
← George WashingtonThomas Jefferson →
Vicepresidente dos Estados Unidos
21 de abril de 1789 – 4 de marzo de 1797 – Thomas Jefferson →
Embaixador dos Estados Unidos en Francia
1788 – 1788
United States Ambassador to the United Kingdom (en) Traducir
1 de abril de 1785 – 30 de marzo de 1788
United States Ambassador to the Netherlands (en) Traducir
19 de abril de 1782 – 30 de marzo de 1788
Member of the Massachusetts House of Representatives (en) Traducir
xuño de 1770 – valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMassachusetts
John Quincy Adams Birthplace
John Adams Birthplace Editar o valor en Wikidata
RelixiónUnitarismo, igrexa congregacional, Congregacionalismo (pt) Traducir e Deísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Harvard College Editar o valor en Wikidata
Altura170 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Boston Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónavogado, filósofo político, estadista, diplomático, político, escritor Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Federalista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioNovanglus Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaAdams family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAbigail Adams (1764–1818), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosAbigail Adams Smith, John Quincy Adams, Susanna Adams, Charles Adams, Thomas Boylston Adams Editar o valor en Wikidata
PaisJohn Adams, Sr. Editar o valor en Wikidata  e Susanna Boylston Editar o valor en Wikidata
IrmánsElihu Adams
Peter Boylston Adams Editar o valor en Wikidata
ParentesHenry Adams, bisneto Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Адамс Джон)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1547016 BNE: XX1699071 Musicbrainz: 7af20cf3-e43f-40c6-bd02-15426dd7f647 Discogs: 4930141 WikiTree: Adams-10 Find a Grave: 6 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Adams chegou á elite política nas primeiras etapas da Revolución Americana. Como delegado de Massachusetts no Congreso Continental, desempeñou un papel importante persuadindo ao Congreso para declara-la independencia, e axudou a Thomas Jefferson na redacción da Declaración de Independencia dos Estados Unidos en 1776. Como representante do Congreso en Europa, foi un dos negociadores principais do Tratado de París coa Gran Bretaña, e un dos principais responsables da obtención de préstamos importantes de banqueiros de Ámsterdam. Teórico político e historiador, Adams escribiu en gran medida a constitución do estado de Massachusetts en 1780, pero atopábase en Europa cando se redactou a Constitución federal en termos semellantes. En 1775 nomeou a George Washington coma comandante en xefe do Exército Continental, e vinte e cinco anos máis tarde nomeou a John Marshall coma Presidente do Tribunal Supremo dos Estados Unidos.

Actuou coma vicepresidente de George Washington en dous mandatos para posteriormente ser elixido en 1796 coma o segundo presidente da nación. Durante o seu mandato presidencial, atopouse con feroces ataques por parte do Partido Demócrata-Republicano de Thomas Jefferson, así coma a facción dominante do seu propio partido, o Partido Federalista liderado por Alexander Hamilton. Adams firmou as polémicas Actas de sedición e estranxeiros, e conformou o exército e a mariña no contexto da guerra naval non declarada con Francia entre 1798-1800.

 
John Adams no anverso dun dólar presidencial de 2007.

En 1800 Adams saíu derrotado na reelección por Thomas Jefferson e retirouse a Massachusetts. El e mais a súa dona, Abigail Adams, fundaron unha liña familiar de políticos, diplomáticos e historiadores nos Estados Unidos. Foi pai de John Quincy Adams, sexto Presidente dos Estados Unidos. O 4 de xullo de 1826 faleceu aos 90 anos de idade, o mesmo día do 50º Aniversario da Declaración de Independencia.


Predecesor:
George Washington
  
Presidente dos Estados Unidos de América
 
1797 - 1801
Sucesor:
Thomas Jefferson
  NODES
todo 1