John Lindley
John Lindley, nado en Catton, preto de Norwich, Inglaterra, o 8 de febreiro de 1799 e finado en Turnham Green, Londres, o 1 de novembro de 1865, foi un paleontólogo, naturista, e botánico británico.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de febreiro de 1799 Old Catton, Reino Unido (pt) |
Morte | 1 de novembro de 1865 (66 anos) Turnham Green, Reino Unido (en) |
Lugar de sepultura | Acton (en) |
Educación | Norwich School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | botánico, micólogo, editor literario, ilustrador científico, escritor, briólogo, profesor universitario, pteridólogo, orchidologist (en) |
Empregador | University College de Londres |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Abreviación dun autor en botánica | Lindl. |
Familia | |
Cónxuxe | Sarah Freestone (1823–valor descoñecido) |
Fillos | Barbara Lindley, George Lindley, Sarah Lindley Crease, Nathaniel Lindley, Baron Lindley |
Pais | George Lindley e Mary Moore |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarSeu pai, George Lindley, que rexentaba un xardín-viveiro, foi o autor de A Guide to the Orchard and Kitchen Garden (Unha guía para hortas e xardíns).
Fai os seus estudos na Escola de Gramática de Norwich e traduce, en 1819, sendo a súa primeira publicación, o Analyse du fruit (A análise da froita) do botánico francés Louis Claude Marie Richard (1754-1821). Ao ano seguinte 1820, publica a Monographia Rosarum onde describe novas especies e que el mesmo ilustra.
En 1821 contribuíu con dous traballos: Monographia Digitalium, e Observations on Pomaceae á Sociedade Linneana de Londres ("Linnean Society").
Establécese pouco despois en Londres onde traballa como empregado para John Claudius Loudon (1783-1843) para redactar as partes descritivas de Encyclopaedia of Plants (Enciclopedia das Plantas).
Durante este traballo, que publica en 1829, vólvese un convencido da superioridade do sistema natural de Antoine Laurent de Jussieu (1748-1836) con relación ao sistema empregado por Carl von Linné (1707-1778).
A súa convicción tomou unha forma máis definida en A Synopsis of British Flora, arranged according to the Natural Order (Unha Sinopse da Flora Británica, clasificación de acordo á Orde Natural) (1829) e en An Introduction to the Natural System of Botany (Unha Introdución ao Sistema Natural da Botánica) (1830).
En 1829, Lindley obtén a cátedra de Botánica no University College de Londres, posto que conserva até 1860. En 1822, é nomeado secretario da Sociedade de horticultura. Lindley é laureado da Medalla Royal en 1857.
Lindley dá conferencias a partir de 1831 na Royal Institution e a partir de 1836 no Xardín Botánico de Chelsea. Lindley é o autor de numerosas obras e artigos, tanto científicos como vulgarizadores. Contribúe frecuentemente ao Botanical Register. Participa na fundación da revista Gardener's Chronicle sendo o seu primeiro editor. Ocúpase tamén da sección consagrada á horticultura.
Obra
editar- Un bosquexo dos principios fundamentais da Horticultura (An Outline of the First Principles of Horticulture) 1832
- Un bosquexo da estrutura e fisioloxía das plantas (An Outline of the Structure and Physiology of Plants) 1832
- Nixus Plantarum. 1833
- O Sistema Natural da Botánica (A Natural System of Botany) 1836
- Con William Hutton (1797-1860) A Flora Fósil de Gran Bretaña (The Fossil Flora of Great Britain, or Figures & Descriptions of the Vegetable remains found in a Fossil State in the Country) 1831-1837
- Flora Médica. 1838
- A Teoría da Horticultura (Theory of Horticulture) 1840
- O Reino Vexetal (The Vegetable Kingdom) 1846
- Folia Orchidacea. 1852
- Botánica Descritiva (Descriptive Botany) 1858
- Ladies' Botany. 6ª ed. 1865
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: John Lindley |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: John Lindley |