José María Gabriel y Galán

poeta español


José María Gabriel y Galán, nado en Frades de la Sierra (Salamanca) o 28 de xuño de 1870 e finado en Guijo de Granadilla (Cáceres) o 6 de xaneiro de 1905, foi un poeta que escribiu en castelán e estremeño.

Modelo:BiografíaJosé María Gabriel y Galán

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xuño de 1870 Editar o valor en Wikidata
Frades de la Sierra, España (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xaneiro de 1909 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Guijo de Granadilla, España (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteApendicite Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, poeta Editar o valor en Wikidata
Partido políticoComunión Tradicionalista Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsBaldomero Gabriel y Galán Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Gabriel y Galán (José María), p.149) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1161916 Dialnet: 1475842

Traxectoria

editar

Fillo de campesiños propietarios das súas terras, pasou a infancia na súa localidade natal, asistindo á escola. Aos 15 anos trasladouse a Salamanca para continuar os seus estudos, sendo nesta época cando escribe os primeiros versos. Ao tempo traballa nun almacén de tecidos. En 1888 obtén o título de mestre de escola, sendo destinado a Guijuelo, a uns 20 quilómetros do seu lugar natal.

Ao pouco tempo vaise para Madrid a fin de continuar estudos na "Escola Normal Central". Non ficou alí moito, pois a cidade producíulle noxo (dío nalgunhas cartas de Modernópolis ).

É logo destinado para Piedrahita (Ávila). O seu estado de ánimo é baixo, asinando as cartas aos seus irmáns como O Solitario.

O xove mestre está a se perfilar xa como un mozo triste, melancólico, moi sensíbel e de profundas convicións relixiosas (recibidas da súa mai, Bernarda), que se translocen nos seus poemas. Coñece á que será súa dona, Desideria, e a que chama cariñosamente mi vaquerilla, en 1893. Desde entón sofre un cambio radical. Casan o 26 de xaneiro de 1898 en Plasencia.

Abandona o seu posto de mestre, para trasladarse a Guijo de Granadilla, onde pasa a administrar a dehesa "El Tejar", propiedade dun seu tío e a súa esposa. Aló encontra o tempo e sosego que precisa para madurar a súa poesía.

 
Estatua de José María Gabriel y Galán.

Cando nace seu primeiro fillo (Jesús, 1898) compón El Cristu benditu, a primeira das súas famosas Estremeñas.

Falece o 6 de xaneiro de 1905, a consecuencia dunha pulmonía mal curada.

O concello de Guijo de Granadilla mantén a casa que habitou, como museo, no que se mostran obxectos persoais do poeta, doados polos seus herdeiros.

A súa obra poética apártase do modernismo, pois é conservadora en estrutura e temática: defende a tradición, a familia, a estirpe, o dogma católico ou a descansada vida campestre.

Poemarios:

  • Castellanas (1902)
  • Estremeñas (1902)
  • Campesinas (1904)
  • Nuevas Castellanas (1905)
  • Religiosas (1906)

Influxos

editar

A obra de Gabriel y Galán influíu noutros poetas estremeños especialmente en Luis Chamizo Trigueros e Mario Simón Arias-Camisón.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
iOS 4
mac 1
multimedia 1
os 44
todo 1