Josef Suk (compositor)

Josef Suk, nado o 4 de xaneiro de 1874 en Křečovice (República Checa) e finado o 29 de maio de 1935 en Benešov (República Checa), foi un compositor e violinista checo.

Modelo:BiografíaJosef Suk

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xaneiro de 1874 Editar o valor en Wikidata
Křečovice (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor en Wikidata
Morte29 de maio de 1935 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Benešov (Checoslovaquia) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Vyšehrad (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónPrague Conservatory (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, profesor de música, violinista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorPrague Conservatory (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoÓpera e sinfonía Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAntonín Dvořák, Antonín Bennewitz e Karel Stecker (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosJaroslav Ježek, Klement Slavický, Pavel Bořkovec, Bohuslav Martinů, Q109483563 Traducir e Walter Susskind (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoViolín Editar o valor en Wikidata
Participou en
1932art competitions at the 1932 Summer Olympics (en) Traducir  (medalla de prata olímpica) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeOtilie Suková Editar o valor en Wikidata
FillosJosef Suk Editar o valor en Wikidata
ParentesAntonín Dvořák, sogro
Anna Dvořáková, sogra Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDicionario Musical Riemann (1901–1904)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Facebook: Josef-Suk-58406159800 BNE: XX1094163 Spotify: 6xV7WL4etX4sILBdTz6fYN Musicbrainz: 5b3357b8-c903-4d17-98a8-e19e2824845a Discogs: 1120029 IMSLP: Category:Suk,_Josef Allmusic: mn0001172785 WikiTree: Suk-19 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Josef Suk naceu na pequena localidade checa de Křečovice, na rexión de Bohemia Central (República Checa). Seu pai, tamén chamado Josef Suk, era director de coro e o iniciou na música co piano, violín e o órgano. Entre 1885 e 1892 estudou no Conservatorio de Praga, sendo alumno de Antonín Dvořák e Antonín Bennewitz, compoñendo xa en 1888 a súa primeira misa, a Krecovická mase. En 1892 recibiu o seu diploma no Conservatorio presentando o seu Cuarteto con piano Op. 1 como traballo da súa tese, porén, Suk decidiu permanecer un ano máis na institución para estudar con Dvořák (quen o considerou o seu mellor alumno). En 1898 casou con Otilde Dvořáková (18781905), filla de Dvořák, coñecida afectivamente como Otilka.[1] Creou o Cuarteto Checo con tres dos seus alumnos — Suk tocou o papel de segundo violín con eles boa parte da súa vida —.

En 1901 naceu do seu matrimonio con Otilde o seu único fillo, Josef(1901 – 1951).[2] Catro anos despois morrería a súa muller e nunca máis casaría. O notable violinista Josef Suk (1929-2011) foi o seu neto.

Dende 1922 impartiu clases no Conservatorio de Praga, onde tivo como alumnos destacados a Bohuslav Martinů, Rudolf Firkušný e Manoah Leide-Tedesco. O 29 de maio de 1935 morreu na localidade de Benešov á idade de 61 anos.

A traxectoria compositiva de Suk pode dividirse en dous períodos. As súas obras temperás caracterízanse por un estilo romántico tardío que mostra influencias de Dvořák e de Johannes Brahms que creou a imaxe de Suk como o herdeiro de Dvořák, mentres que as súas obras tardías mostran unha extensión da harmonía para crear un estilo máis complexo e persoal. Ao contrario que moitos dos seus compatriotas, Suk empregou pouco o folclore checo nas súas composicións.

En comparación con Dvořák, suk escribiu pouca música de cámara, mais acadou o éxito coas súas Catro pezas para violín e piano Op. 17 (1900), e a súa Fantasía para violín e orquestra Op. 24 (1903). Nas súas suites para piano Jaro Op. 22 e Letní dojmi Op. 22b, escritas as dúas en 1902, pode apreciarse un estado de optimismo, coincidindo coa época na que naceu o seu único fillo.

Entre as súas composicións máis coñecidas destacan a súa Serenata para cordas (1892) e a Sinfonía Asrael en Do menor (1906), unha obra escrita como consecuencia da morte do seu sogro en 1904 e da súa dona 14 meses despois, e da que o crítico musical Norman Lebrecht afirmou da gravación de Václav Talich en 1952 coa Orquestra Filharmónica Checa que era unha das 100 mellores gravacións do século.[3]. Outras obras coñecidas son a Suite conto de fadas "Raduz e Mahulena" (1898), o ciclo de obras para piano Cousas vividas e soñadas (1909), e a triloxía de poemas sinfónicos Conto de Verán (1909), Maduración (1917) e Epílogo (1929, para soprano, barítono e baixo soli, coro e orquestra).

Premios

editar

Suk gañou a medalla de prata nos concursos de arte celebrados durante os Xogos Olímpicos de 1932 celebrados na cidade estadounidense dos Ánxeles coa súa obra Cara a unha nova vida.

  1. "Antonín Dvořák - data". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2009. Consultado o 05 de outubro de 2012. 
  2. Černušák (1965), p. 641
  3. Norman Lebrecht, "Masterpieces: 100 Milestones of the Recorded Century" The Life and Death of Classical Music. New York: Anchor Books (2007): 181 - 182

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Černušák, Gracián (ed.); Štědroň, Bohumír; Nováček, Zdenko (ed.) (1965). Československý hudební slovník II. M-Ž. Prague: Státní hudební vydavatelství. p. 641.  (en checo)

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1