Julian Huxley
Julian Sorell Huxley, nado en Londres o 22 de xuño de 1887 e finado o 14 de febreiro de 1975, foi un biólogo, escritor, humanista e internacionalista británico, coñecido polas súas contribucións á popularización da ciencia a través de libros e conferencias. Foi o primeiro director da Unesco e foi nomeado cabaleiro británico en 1958.
Huxley formaba parte dunha familia distinguida. O seu irmán era o escritor Aldous Huxley, e era medio irmán doutro biólogo, o premio Nobel Andrew Huxley; o seu pai foi o escritor e editor Leonard Huxley; e o seu avó paterno foi o biólogo Thomas Henry Huxley, famoso por ser colega e apoiar a Charles Darwin. O seu avó materno foi o académico Tom Arnold.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Julian Huxley |
Predecesor: Creación do cargo |
Director xeral da UNESCO 1946 - 1948 |
Sucesor: Jaime Torres Bodet |