Juliette Gréco (|ʒyljɛt ɡʁeko|), nada en Montpellier o 7 de febreiro de 1927 e finada en Ramatuelle o 23 de setembro de 2020,[1] foi unha actriz e cantante francesa.

Modelo:BiografíaJuliette Gréco

(2006) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de febreiro de 1927 Editar o valor en Wikidata
Montpellier (Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte23 de setembro de 2020 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Ramatuelle (Francia) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, chansonnière, actriz de cinema, actriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1946 Editar o valor en Wikidata - 2016 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoChanson Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoUniversal Music Group
Philips
Gérard Meys (mul) Traducir
Barclay Records Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeGérard Jouannest (1989–2018), morte
Michel Piccoli (1966–1977), divorcio
Philippe Lemaire (1953–1956), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosLaurence Lemaire
 () Philippe Lemaire Editar o valor en Wikidata
IrmánsCharlotte Gréco Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webjuliettegreco.fr Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0344898 Allocine: 2656 Allmovie: p28431
Youtube: UCBo8gFZKy7gEiNk6ZY-5zkQ BNE: XX958081 Spotify: 7j237zyOedtfrugnWFJKOJ Last fm: Juliette Gréco Musicbrainz: bb839dd4-94be-4732-b014-135a64c340a6 Songkick: 257516 Discogs: 287519 Allmusic: mn0000835509 WikiTree: Gréco-570 Find a Grave: 215993853 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos e familia

editar

Juliette Gréco naceu en Montpellier filla dun pai ausente de orixe corsa, Gérard Gréco, e unha nai de Bordeos, Juliette Lafeychine (1899-1978).[2] A súa ascendencia era en parte de Grecia. Durante a súa infancia non recibiu ningún cariño por parte da súa nai e sufriu duros comentarios dela sobre que era unha filla non desexada, como "ti non es a miña filla. Ti es a filla dunha violación".[3] Foi criada polos seus avós maternos en Bordeos xunto coa súa irmá máis vella, Charlotte. Trala morte dos avós, a súa nai levou as dúas irmás de volta con ela a vivir a París. En 1938 converteuse en bailarina da Opéra Garnier.

Cando comezou a segunda guerra mundial, volveron ao suroeste de Francia. Gréco estudou no Institut Royal d'éducation Sainte Jeanne d'Arc de Montauban. A familia Gréco foi parte activa da resistencia e a súa nai foi arrestada na súa casa en 1943. As dúas irmás decidiron volver a París, mais foron capturadas e torturadas pola Gestapo antes de ser encarceradas na prisión de Fresnes en setembro de 1943.[4] A súa nai e a súa irmá foron deportadas a un campo de concentración, mentres que en Ravensbrück mentres que Juliette, de só dezaseis anos, permaneceu en prisión varios meses antes de ser liberada.[5] Soa trala saída do cárcere, camiñou trece quilómetrs de volta a París para recuperar as súas cousas do asedio da Gestapo. A súa antiga mestra e amiga da súa nai, Hélène Duc, decidiu tomala ao seu coidado.

En 1945, a nai e a irmá de Gréco regresaron da deportación trala liberación de Ravensbrück polo Exército Soviético. Gréco mudouse a Saint-Germain-des-Prés en 1945 logo de que a súa nai marchase a Indochina, deixando a Gréco e a súa irmá.[6]

 
Gréco en 1955

Estilo de vida bohemio

editar

Gréco volveuse unha devota da moda bohemia dalgúns intelectuais da posguerra francesa. Duc enviouna a clases de interpretación impartidas por Solange Sicard. Debutou na obra Victor ou les Enfants au pouvoir en novembro de 1946 e comezou a presentar un programa de radio dedicado á poesía.[7]

O seu amigo Jean-Paul Sartre instalouna no Hotel La Louisiane e dixo que ela tiña "millóns de poemas na súa voz".[8] Coñecía moitos dos escritores e artistas que traballaban en Saint-Germain-des-Prés, como Albert Camus, Jacques Prévert e Boris Vian, polo que gañou o alcume de "musa do existencialismo".[9]

Gréco pasou os anos seguintes á liberación frecuentando os cafés de Saint-Germain-des-Prés, involucrándose na cultura política e filosófica bohemia. Como figura habitual en lugares de música e poesía como like Le Tabou na Rue Dauphine, foi presentada a Jean Cocteau, que lle deu un papel no seu filme Orphée en 1949.[10] A principios dese mesmo ano, comezou unha relación con Miles Davis. En 1957, decidiron ser só amantes, xa que as súas carreiras se desenvolvían en continentes diferentes e polo medo a manchar a reputación dela por manter unha relación interracial.[11][12] Continuaron a ser amantes e amigos ata a morte de Davis en 1991.[13][14][15]

En 1949, debutou como cantante de cabaré en Le Boeuf sur le toit de París, interpretación textos de célebres escritores franceses; "Si tu t'imagines", de Raymond Queneau foi unha das súas primeiras cancións que se fixo popular.

 
Gréco en Ámsterdam, 1962

Vida persoal

editar

Gréco casou en tres ocasións:

No ano anterior á súa morte en 1949, Gréco foi amante do automobilista Jean-Pierre Wimille, que estaba casado, e sufriu un aborto tralo seu falecemento.[16]

Segundo o escritor español Manuel Vicent, Juliette Gréco foi amante de Albert Camus.[17] Tamén mantivo relacións con Sacha Distel e o produtor Darryl F. Zanuck.[18][19]

Durante o romance que tivo con Miles Davis, nun momento tamén saíu con Quincy Jones. Davis estivo anoxado con Jones durante anos cando o descubriu, segundo a autobiografía de Jones.[20]

Gréco someteuse a tres rinoplastias. A primeira realizouna en 1953 en París, igual que a segunda en 1956. A última tivo lugar en Londres en 1960.[21]

En setembro de 1965, Gréco intentou suicidarse mediante unha sobredose de somníferos. Foi atopada inconsciente no seu baño e levada ao hospital por Françoise Sagan.[22]

Gréco viviu entre París e Saint-Tropez.

Legado

editar
 
Rosa "Juliette Gréco" no Roseraie de Bagatelle

Gréco foi interpretada pola actriz Anna Mouglalis no filme Gainsbourg (2010).

Jean-Paul Sartre baseou a cantante da súa triloxía Les chemins de la liberté en Gréco.[23]

Na canción "Art School Babe" do álbum Storyteller de Ray Davies alúdese a Gréco.

"Michelle", de The Beatles foi inspirada por Gréco e a cultura da Rive Gauche parisiense.[24].

John Lennon escribiu en Skywriting by Word of Mouth, "sempre tiven unha fantasía sobre unha muller que sería fermosa, intelixente, co cabelo escuro, de pómulos altos, artista de espírito libre ao estilo de Juliette Gréco".[25]

Marianne Faithfull dixo de Gréco, "cando eu era nova, Juliette Gréco era o meu ídolo absoluto... Ela é o meu modelo para a vida. Se eu quixer ser alguén, querería ser Juliette Gréco".[26].

En 1999, Georges Delbard bautizou unha rosa como "Juliette Gréco".

  1. Juliette Gréco est morte à l'âge de 93 ans (en francés)
  2. Lafitte, Jacques Lafitte (2008). Qui est qui en France. p. 1045. 
  3. "Juliette Gréco : "J'étais entièrement pourrie des choses les plus belles du monde, et je marchais nu-pieds"". franceculture. 7 de febreiro de 2018. Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  4. "Dites-moi". Sonuma.be. Consultado o 28 de xaneiro de 2021. 
  5. "Juliette Gréco : " Cela fait 88 ans que je suis en guerre "". lemonde.fr. Consultado o 4 de decembro de 2015. 
  6. POULANGES, Alain. "« GRÉCO JULIETTE (1927- ) », Encyclopædia Universalis". universalis.fr. 
  7. "12 novembre 1946/Juliette Gréco dans Victor ou les enfants au pouvoir". Terresdefemmes. Consultado o 12 de novembro de 2005. 
  8. Saliceti, Sylvie-E. "Sartre par Gréco: Rue des Blancs-Manteaux" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2012. Consultado o 24 de febreiro de 2012. 
  9. "Juliette Greco dit pourquoi elle a été surnommée la muse de l'existentialisme" (en francés). ina.fr. 13 de xullo de 1962. 
  10. Gréco, Juliette (25 de maio de 2006). "'Sartre asked Miles why we weren't married. He said he loved me too much to make me unhappy'". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2006. Consultado o 21 de agosto de 2006. 
  11. Davis, Miles (1989). Miles, the autobiography. Simon & Schuster. pp. 218. ISBN 978-0671725822. 
  12. "Juliette Gréco: 'We were very naughty'". The Guardian. 
  13. "Interview of Miles Davis by Jean-Pierre Farkas(1973)". Lettres à Miles (2016). 
  14. "Juliette Gréco: 'We were very naughty'". The Guardian. 
  15. Davis, Miles (1989). Miles, the autobiography. Simon & Schuster. p. 218. ISBN 978-0671725822. 
  16. Gréco, Juliette (2012). Je suis faite comme ça. Flammarion. ISBN 9782081254893. 
  17. "Mitología" - Manuel Vicent Arquivado 22 de maio de 2017 en Wayback Machine.. El País (22 de abril de 2007).
  18. Schwaab, Catherine. "Nécrologie de Jeanne Moreau". Paris Match: 64–65. 
  19. "Juliette GRECO et Darryl ZANUCK". ina.fr. 
  20. Jones, Quincy (2001). Q : the autobiography of Quincy Jones. Doubleday. pp. 156. ISBN 9780767905107. 
  21. Dicale, Bertrand (2001). Juliette Greco : les vies d'une chanteuse. París: JC Lattes. pp. 240. ISBN 978-2702868188. 
  22. "Pills Fell Juliette Greco". The New York Times. 
  23. "Juliette Gréco, singer, film star and all-round icon, talks to Eddi Fiegel". The Guardian. 
  24. "Pete Doherty meets Paul McCartney". TheGuardian. Consultado o 14 de outubro de 2007. 
  25. Lennon, John (1986). Skywriting by Word of Mouth. Harper and Row Publishers. p. 13. ISBN 978-0060914448. 
  26. Marianne Faithfull: memories, dreams and reflections. Harper Perennial. 2008. pp. 225–227. ISBN 978-0007245819. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Beever, Anthony e Cooper, Artemis. Paris After the Liberation, 1944–1949. Londres: Penguin, 1994. pp. 315–320.
  • Boggio, Philippe. Boris Vian (pp. 152–154)
  • Davis, Miles, Miles (pp. 126–127)
  • Dicale, Bertrand. Juliette Gréco : les vies d'une chanteuse. Éditions Jean-Claude Lattès. ISBN 2-7096-2102-9.
  • Piazza, Françoise e Blanckeman, Bruno. De Juliette à Gréco. Éditions Christian De Bartillat. ISBN 2-84100-000-1.

Ligazóns externas

editar
  NODES
iOS 4
mac 2
OOP 1
os 42
text 1
todo 1
web 1