O Junkers Ju 87 ou Stuka (de Sturzkampfflugzeug, bombardeiro en picado en alemán) foi un bombardeiro en picado e avión de ataque ao chan da Luftwaffe durante a segunda guerra mundial. É famoso por ser un dos protagonistas da Blitzkrieg de Hitler. Fixo a súa aparición en combate na guerra civil española e participou en todas as frontes durante a segunda guerra mundial. O Ju 87 era moi preciso en ataques contra barcos, aeroportos e fábricas, pero vulnerable aos ataques de cazas.

Junkers Ju 87
Stuka en Rusia en xaneiro de 1943
Tipobombardeiro en picado
FabricanteJunkers
Primeiro voo17 de setembro de 1935
Introducido1936
Retirado1945
Principais usuariosLuftwaffe
Forza Aérea de Bulgaria
Regia Aeronautica
Real Forza Aérea de Romanía
Unidades construídas6 000

O avión é doadamente recoñecible polas súas ás de gaivota invertidas e o seu tren de aterraxe fixo. Sobre os bordos de ataque do carenado do tren de aterraxe principal levaba montadas sirenas coñecidas como as trompetas de Xericó, convertidas nun símbolo da propaganda do poder aéreo alemán e das vitorias da chamada Blitzkrieg de 1939-1942, además de proporcionar aos seus pilotos información audible sobre a velocidade. O deseño do Stuka incluía varias innovacións, incluídos freos de picado automáticos baixo as dúas ás para asegurar que o avión se recuperase do seu picado incluso cando o piloto perdía o coñecemento debido ás altas forzas g.

Durante a guerra civil española os alemáns enviaron en novembro de 1936 un exemplar de preprodución Ju 87A-0 para avalialo, e a finais de 1937 chegaron 5 Ju 87A-1 que empregaría a Lexión Cóndor. A Lexión Cóndor mantivo en segredo as actividades deste avión, e só se sabe que en febreiro de 1937 o Ju 87A-0 de preprodución estivo en Vitoria durante os preparativos da ofensiva de Bilbao. Estes serían substituídos en outubro de 1938 por outros 5 Ju 87B-1, cun motor máis potente, mellor armamento ofensivo e estrutura revisada.

Estímase que Alemaña fabricou uns 6 000 Ju 87 de todas as versións entre 1936 e agosto de 1944.

Desenvolvemento

editar

Primeiro deseño

editar

O principal deseñador do Ju 87, Hermann Pohlmann, opinaba que calquera deseño de bombardeiro en picado debía ser sinxelo e robusto.[1] Isto levou a moitas innovacións técnicas, como que o tren de aterraxe retráctil fose descartado en favor dunha das características distintivas do Stuka, o seu tren fixo "con polainas". Pohlmann continuou desenvolvendo e engadindo as súas ideas e as do enxeñeiro Karl Plauth (Plauth morreu nun accidente de voo en novembro de 1927), e produciu o Ju A 48, que foi sometido a probas o 29 de setembro de 1928. A versión militar do Ju A 48 foi designada como Ju K 47.[1]

Despois de que os Nazis chegase ao poder, o deseño recibiu prioridade. A pesar da competición inicial do Henschel Hs 123, o Ministerio de Aviación do Reich (RLM) recorreu aos deseños de Herman Pohlmann de Junkers e do c-deseñador do K 47 Karl Plauth. Durante as probas co K 47 en 1932, introducíronse dobres estabilizadores verticais para darlle ao artillero traseiro un mellor campo de tiro. A principal, e a que ía ser a máis distintiva, característica do Ju 87 eran as súas ás de gaivota invertidas dobres.[2] Despois da morte de Plauth, Pohlmann continuou o desenvolvemento do bombardeiro en picado de Junkers. O Ju A 48 con rexistro D-ITOR foi equipado orixinalmente cun motor BMW 132, producindo 600 cabalos. O aparello tamén foi equipado con freo de picado para probas de picado. O avión recibiu unha boa valoración e "exhibía moi boas características de voo".[1]

A Ernst Udet gustoulle de inmediato o concepto de bombardeo en picado despois de pilotar o Curtiss F11C Goshawk. Cando Walther Wever e Robert Ritter von Greim foron invitados a ver a Udet realizar un voo de proba en maio de 1934 no campo de artillería de Jüterbog, suscitaba dúbidas sobre a capacidade do bombardeiro en picado. Udet comezou o seu picado a 1 000 m e soltou as súas bombas de 1 kg a 100 m, apenas recuperándose e saíndo do picado.[3] O xefe da Oficina de Mando da Luftwaffe Walther Wever, e o secretario de Estado de Aviación Erhard Milch, temían que tales nervios e habilidades de alto nivel non se podían esperar dos "pilotos medios" da Luftwaffe. Porén, o desenvolvemento continuou en Junkers.

  1. 1,0 1,1 1,2 Griehl 2001, p. 37
  2. Griehl 2001, pp. 38-39
  3. Griehl 2001, p. 38

Bibliografía

editar
  • Griehl, Manfred (2001). Junker Ju 87 Stuka. London/Stuttgart: Airlife/Motorbuch. ISBN 1-84037-198-6. 
  NODES
design 1
Done 1
orte 1