A rexión de Kanto (関東地方 かんとうちほう, Kantō-chihō) é unha área xeográfica da illa de Honshū, a maior illa do Xapón. Os seus límites territoriais son practicamente os mesmos da Chaira de Kanto.

Modelo:Xeografía políticaKanto
関東地方 (ja) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoKantō (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 36°10′N 139°47′L / 36.17, 139.78
EstadoXapón Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación43.284.547 (2017) Editar o valor en Wikidata (1.334,96 hab./km²)
Lingua usadaKantō dialect (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie32.423,9 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario

Etimoloxía e características

editar

O nome refírese, xeralmente, á rexión leste (東) do posto de control de Hakone (関所). (O nome Kanto significa literalmente "Leste da Barreira," e refírese aos postos de control (barreiras) que se erixiron durante o Período Tokugawa na estrada Tokaido que ligaba Toquio a Kyoto.

A rexión consta de sete prefecturas: Gunma, Tochigi, Ibaraki, Saitama, Toquio, Chiba, e Kanagawa.

A Chaira

editar

A Chaira de Kanto é unha rexión sensibelmente chá onde se insire a cidade de Toquio. É a maior chaira do Xapón e xa foi, durante o período Edo a rexión agrícola máis próspera do país. Nesa época, os señores feudais desta chaira detiñan un poder considerábel grazas á fertilidade da terra.

A proposta de invasión do Xapón polos aliados durante a segunda guerra mundial, e que ficou coñecida por Operación Coronet, inserida na Operación Downfall, prevía que a chaira de Kanto fose o lugar de desembarque das tropas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
todo 1