Katakana
O katakana (片仮名; カタカナ) é un dos dous silabarios empregados na escrita xaponesa xunto co hiragana. Tamén se acostuma empregar katakana para se referir a calquera dos caracteres do devandito silabario. Dos dous silabarios é o máis antigo. Provén da simplificación de caracteres máis complexos de orixe chinesa que chegaron antes do comezo do illamento cultural xaponés, que se mantivo inflexíbel ata a fin da Era Edo.
Estes caracteres, ao contrario que os kanji, non teñen ningún valor conceptual, senón unicamente fonético. Graficamente, amosan unha forma angulosa e xeométrica.
O silabario katakana consta de 46 caracteres que representan sílabas formadas por unha consoante e unha vogal, ou ben unha única vogal. A única consoante que pode ir soa é o 'n'.
Usos do katakana:
- O katakana emprégase para escribir palabras tomadas doutras linguas (principalmente do inglés en tempos recentes) así como en onomatopeas.
- Tamén se utiliza o katakana para resaltar unha palabra concreta, sendo nese sentido equivalente ás nosas comiñas ou á escrita itálica.
- Finalmente escríbense en katakana os nomes de animais en textos científicos, mentres que noutros textos eses mesmos nomes se escriben en kanji ou hiragana.
Realmente os dous silabarios son equivalentes, aínda que cada un ten distintos usos. No alfabeto latino hai algo parecido coas maiúsculas e minúsculas, no sentido de que as grafías e os usos son distintos.
Caracteres katakana básicos
editarA I U E O A ア (a) イ (i) ウ (u) エ (e) オ (o) K カ (ka) キ (ki) ク (ku) ケ (ke) コ (ko) S サ (sa) シ (shi) ス (su) セ (se) ソ (so) T タ (ta) チ (chi) ツ (tsu) テ (te) ト (to) N ナ (na) ニ (ni) ヌ (nu) ネ (ne) ノ (no) H ハ (ha) ヒ (hi) フ (fu) ヘ (he) ホ (ho) M マ (ma) ミ (mi) ム (mu) メ (me) モ (mo) Y ヤ (ya) ユ (yu) ヨ (yo) R ラ (ra) リ (ri) ル (ru) レ (re) ロ (ro) W ワ (wa) ヲ (wo) N ン (n)
Anteriormente existían outros dous caracteres katakana:
ヰ (wi) ヱ (we)
Porén, caíron en desuso e xa non se utilizan.
Algúns caracteres katakana teñen certas semellanzas, como ocorre con so (ソ) e n (ン), shi (シ) e tsu (ツ), ‘‘u’’ (ウ) e wa (ワ). Outros, como he (ヘ) e mo (モ), parécense aos equivalentes en hiragana ( へ e も respectivamente).
O r en xaponés sempre é suave, pronúnciase como en caro, xamais como en carro.
Formación de novos sons mediante de sonorización
editarExiste un acento diacrítico en xaponés chamado nigori, e serve para formar consoantes sonoras ou impuras (caso da G, Z, D e B) ou a medio impura P.
No primeiro caso, o das consoantes sonoras, emprégase o dakuten (゛) (濁点), que se representa con dous trazos diagonais curtos na parte superior dereita do carácter.
Para formar o son P, emprégase o handakuten (半濁点) (゜), que ten forma de círculo e se escribe tamén na parte superior dereita do carácter.
G ガ (ga) ギ (gi) グ (gu) ゲ (ge) ゴ (go) Z ザ (za) ジ (ji) ズ (zu) ゼ (ze) ゾ (zo) D ダ (da) ヂ (ji) ヅ (zu) デ (de) ド (do) B バ (ba) ビ (bi) ブ (bu) ベ (be) ボ (bo) P パ (pa) ピ (pi) プ (pu) ペ (pe) ポ (po)
Máis sobre pronunciación: 'z' e 'j' son como en inglés. 'ge' e 'gi' pronúncianse 'gue', 'gui'.
Ditongos
editarPor outra banda, cando unha sílaba se une con ya, yu ou yo, pódense formar ditongos. Neste caso o segundo kana (ya, yu, yo) escribirase máis pequeno do habitual.
IA IU IO K キャ (kya) キュ (kyu) キョ (kyo) S シャ (sha) シュ (shu) ショ (sho) T チャ (cha) チュ (chu) チョ (cho) N ニャ (nya) ニュ (nyu) ニョ (nyo) H ヒャ (hya) ヒュ (hyu) ヒョ (hyo) M ミャ (mya) ミュ (myu) ミョ (myo) R リャ (rya) リュ (ryu) リョ (ryo)
G ギャ (gya) ギュ (gyu) ギョ (gyo) X ジャ (ja) ジュ (ju) ジョ (jo) B ビャ (bya) ビュ (byu) ビョ (byo) P ピャ (pya) ピュ (pyu) ピョ (pyo)
A pronuncia deste e é como a do i en "cumio" ou quiosco (kyo). Outro exemplo é o u nalgunhas palabras inglesas en que soa como yu: huge (hyu).
Consoantes dobres ou xeminadas
editarAs consoantes dobres fórmanse escribindo un 'tsu' pequeno (ッ) diante da consoante en cuestión. Nun principio só se dobraban as consoantes k, s, t, p (igual que ocorre no hiragana).
Nas linguas europeas, e particularmente en inglés, hai moitas palabras que acaban nunha consoante que se pronuncia de xeito brusco. A escrita xaponesa está formada por sílabas de tipo "consoante-vogal", e a adaptación destes sons consonánticos finais provoca que se poidan dobrar consoantes como b, d, f, g e h.
Exemplos: ペット (petto, do inglés pet, mascota), カッパ (kappa, do español capa), ベッド (beddo, do inglés bed, cama), バッグ (baggu, do inglés bag, bolsa), マッハ (mahha, do alemán Mach).
A pronunciación é: pet-to, kap-pa, bede-do, bag-gu, mah-ten, é dicir, a consoante soa dúas veces.
En canto ás consoantes nasais ('m', 'n'), dóbranse escribindo ン diante.
Ao igual que en galego, o 'n' ん pronúnciase 'm' diante de 'p' ou 'b'. Exemplo: ナンバー (nambaa, do inglés number, número).
Vogais longas
editarEn katakana represéntanse as vogais longas mediante un guión largo (ー na escrita horizontal, | na escrita vertical).
Se a palabra é xaponesa, tamén se poden formar as vogais longas de xeito análogo a como se fai en hiragana.
Exemplos:
Observacións sobre o katakana
editarTranscrición de rōmaji a katakana
editarAnte todo cabe recalcar que as palabras estranxeiras se escriben en katakana de xeito fonético, respectando a pronunciación orixinal. Isto é ás veces difícil dado que o xaponés ten un sistema silábico que é de tipo consoante + vogal (CV), sendo o n (ン) a única consoante que pode ir soa. As consecuencias son que os grupos de consoantes (como en estraño) así como as consoantes finais (matar) e certas sílabas (como cí en ácido) só se poden aproximar.
Para transcribir unha consoante soa ou seguida doutra consoante, escóllese o carácter que teña o valor da consoante + ou. Isto é así porque en xaponés o u pronúnciase debilmente. Porén, como tu e du non existen en xaponés, o t e o d soltos transcríbense como to e do respectivamente. Exemplos: キス (kisu, do inglés kiss, bico) e ヒント (hinto, do inglés hint, pista). Se se pronuncia esa consoante de xeito brusco ou acentuada, entón pasará a ser unha consoante dobre en katakana. Exemplo: ベッド (beddo, do inglés bed, cama).
Os sons que non existen en xaponés substituiranse polos que máis se lles parezan.
- O l substitúese por r. Exemplo: ラウラ (Laura).
- O j castelán substitúese por h. Exemplo: ホセ (José).
- O son θ (th en inglés thin, correspondente ao z en galego) substitúese por s, e ð (th en inglés then) substitúese por z.
- O v acostúmase a substituír por b. Exemplo: ボイス (boisu, do inglés voice, voz).
Novos sons incorporados ao xaponés mediante estranxeirismos
editarEn xeral, son estranxeirismos as palabras que comezan por "P" e en menor medida as que conteñen un "P" simple (porén, o dobre "P" non é raro en xaponés). Tamén son estranxeirismos todas as palabras que conteñen un son de recente incorporación.
Sílabas de recente incorporación ao katakana:
- Sílabas ti (ティ) e di (ディ). Fórmanse mediante o carácter te ou de máis un i pequeno. Exemplo: ビルディング (birudingu, do inglés building, edificio).
- Sílabas tu (トゥ) e du (ドゥ). Fórmanse mediante o carácter to ou do máis un u pequeno. Exemplo: トゥール (tūru, de tour).
- Sílabas tsa (ツァ), tsi (ツィ), tse (ツェ) e tso (ツォ). No xaponés tradicional a única sílaba en TS é tsu (ツ). Para formar estes novos sons non hai máis que engadir un carácter pequeno para a vogal correspondente. Exemplo: イルパラッツォ (Iruparattso, ou Ilpalazzo, un personaxe do manga Excel Saga).
- Sílabas fa (ファ), fi (フィ), fe (フェ) e fo (フォ). No xaponés tradicional a única sílaba en F é fu (フ). Para formar estes novos sons non hai máis que engadir un carácter pequeno para a vogal correspondente. Exemplo: オックスフォード (Okkusufōdo, Oxford).
- Sílabas wi (ウィ) e we (ウェ). As sílabas tradicionais wi e we xa non se empregan en xaponés, en lugar delas escríbese un ‘‘u’’ máis un i ou un e pequeno. Exemplo: ウィキペディア (Wikipedia).
- Sílabas va (ヴァ), vi (ヴィ), vu (ヴ), ve (ヴェ) e vo (ヴォ). O carácter vu é simplemente un carácter ‘‘u’’ con nigori. Para formar os demais sons non hai máis que engadir un carácter pequeno para a vogal correspondente. Exemplos: デジャ·ヴ (déjà vu), ラヴェンダー (ravendaa, do inglés lavender, lavanda).
Incluso se viu o uso de "スィ" (o seu + i pequeno) para representar o son "se" nalgunhas palabras estranxeiras como "merci" (メルスィ, grazas en francés). A forma tradicional "メルシ" (merushi) é, así e todo, tres veces máis común (Google).
Ditongos:
- Os ditongos tamén poden acabar en e. Na escrita isto represéntase coa habitual sílaba en i (ki, shi etc.) máis un e pequeno. Exemplos: チェ (che)、シェ (she)、ジェ (je).
- Os ditongos con ti e di son posíbeis: escríbese te ou de máis un pequeno carácter ya, yu, i ou yo. Exemplo: デューティ・フリー (dyūti furii, duty free).
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Katakana |