Kazuyo Sejima
Kazuyo Sejima (妹島 和世, せじま かずよ), nada na Prefectura de Ibaraki en 1956, é unha arquitecta xaponesa. En 1995 fundou canda a Ryue Nishizawa a firma de arquitectura SANAA (Sejima + Nishizawa e Asociados). Ademais de SANAA, Sejima e Nishizawa levan a cabo estudos independentes centrados, na súa meirande parte, en proxectos locais pequenos. No 2010, xunto ao seu compañeiro, Ryue Nishizawa, foi galardoada co Premio Pritzker.[1]
(2009) | |
Nome orixinal | (ja) 妹島和世 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 29 de outubro de 1956 (68 anos) Hitachi (Xapón) |
Educación | Universidade de Mulleres do Xapón Ibaraki Prefectural Mito First High School (en) Sukegawa Junior High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Arquitectura |
Ocupación | arquitecta |
Empregador | Universidade de Arte de Tama (pt) Universidade de Mulleres do Xapón University of Applied Arts Vienna (en) |
Membro de | |
Movemento | Modernismo |
Profesores | Toyo Ito |
Compañeiro profesional | Ryue Nishizawa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, The Architect: Women in Contemporary Architecture (en) |
Sitio web | sanaa.co.jp |
Traxectoria
editarGraduada en Arquitectura no 1981 pola Universidade de Mulleres do Xapón, comeza a colaborar na firma Toyo & Associates nese mesmo ano. Seis anos despois, no 1987, empeza a súa carreira en solitario co Estudo que leva o seu nome, Kazuyo Sejima & Associates.[2] Será no 1992 cando a nomeen nova arquitecta do ano no Xapón. Dende o 2000 foi profesora invitada en varias escolas como a Escola de Deseño da Universidade de Harward, da Escola Politécnica Federal de Lausana (Suíza e da Universidade de Princeton (Estados Unidos de América. Dende o 2001 é profesora da Universidade de Keio, Toquio.
Obras
editar- 1987. Programa de usos I: Casa de vacacións en Katsuura, prefectura de Chiba, Xapón.
- 1988. Programa de usos II: Estudio no distrito de Kitakoma, prefectura de Yamanashi, Xapón.
- 1990. Almacén deportivo de Castelbajac, Prefectura de Kanagawa, Xapón.
- 1990. Apartamentos de mulleres da empresa Seiyaku Saishunkan, Kumamoto, prefectura de Kumamoto, Xapón.
- 1990. Casa N, Kumamoto, Xapón.
- 1991. Sala de xogos de Pachinko I, Hitachi, prefectura de Ibaraki, Xapón.
- 1992. Casa no bosque en Chino, prefectura de Nagano, Xapón.
- 1993. Sala de xogos de Pachinko II, Naka, prefectura de Ibaraki, Xapón.
- 1993. Casa E en Katsuura, prefectura de Chiba, Xapón.
- 1993. Kōban de policía localizado kitaguchi na estación de Chōfu, Chōfu, prefectura de Toquio, Xapón.
- 1994. Apartamentos Kitagata, prefectura de Gifu, Xapón.
- 1995. Sala de xogos de Pachinko III, Hitachiōta, prefectura de Ibaraki, Xapón.
- 1996. Edificio de oficinas O en Ibaraki, Xapón.
- 1999. Pequena casa en Toquio, Xapón.
- 1999. Residencia de estudantes Kozankaku, Mito, prefectura de Ibaraki, Xapón.
- 1999. Almacén hhstyle.com en Shibuya, prefectura de Toquio, Xapón.
- 2000. Edificio de oficinas Asahi Shimbun Yamagata, prefectura de Yamagata, Xapón.
- 2001. Casa nun bosque de ameixeiras en Toquio, Xapón.
- 2003. Centro cívico Onishi en Prefectura de Gunma, Xapón.
- 2005. Xardíns Yu-xi en Taipei, Taiwán.
- 2005. Clínica Dental en Tsuyama, prefectura de Okayama, Xapón.
- 2005. Vivendas Seijo en Toquio, Xapón.
- 2006. Edificio Toyota Aizuma en Toyota, prefectura de Aichi, Xapón.
- 2006. Apartamentos Okurayama en Yokohama, prefectura de Kanagawa, Xapón.
Premios
editar- 1988. Premio Kazuma, revista SD 1988 (Platforma I & II).
- 1989. Premio Especial de Arquitectura Residencial da Asociación de Arquitectos de Toquio (Platform I).
- 1989. Premio Yoshizaka, Japan Architect (Platforma I).
- 1992. Arquitecto Novo do Ano, Instituto de Arquitectos do Xapón (Residencia Femenina Saishunkan Seiyaku).
- 1994. Premio '94 ao Deseño de Espazos Comerciais (Pachinko Parlor I & II).
- 1994. Casa no Bosque recibe o Premio á Obra de Arquitectura do ano '94 .
- 2010. Premio Pritzker.
Notas
editar- ↑ Zabalbeascoa, Anatxu (2010-03-29). "Los arquitectos del cambio". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-05-11.
- ↑ "Kazuyo Sejima and Ryue Nishizawa Japanese architects". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2021-05-11.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Firma SANAA (en xaponés)
- Kazuyo Sejima no blog Un día una Arquitecta