Kermit the Frog
Kermit the Frog (coñecida coma a Ra Gustavo en Galicia, pola versión castelá dos programas Sesame Street (Barrio Sésamo) e The Muppet Show (Los Teleñecos) emitidos nos anos oitenta do século XX) é un personaxe ficticio ideado polo creador de monicreques e produtor de televisión Jim Henson en 1955. Kermit é o personaxe central e presentador do show británico-americano The Muppet Show e tamén conta con aparicións frecuentes en Sesame Street.
Desenvolvemento do personaxe
editarKermit aparece por vez primeira o 9 de maio de 1955 no show, Sam and Friends. Kermit aparece coma un monicreque caseiro e abstracto cun par de patas redondas e sen o seu distintivo colar, asemellándose máis á aparencia dun lagarto. O prototipo orixinal de Kermit foi fabricado cun abrigo feminino cor turquesa da nai de Henson e unha pelota de ping pong dividida á metade.[1]
Kermit establece a súa aparencia actual durante a filmación do especial de TV "Hey, Cinderella" en 1968 aínda que o especial estreouse en 1969; Kermit altera por completo a súa aparencia, incluíndoselle aletas e un colar; é por vez primeira identificado coma unha ra.
Nome
editarSeica o nome de Kermit baséase no nome dun coñecido da infancia de Jim Henson, Kermit Scott. Malia a crenza popular, Jim Henson nega que o nome de Kermit se deba a Kermit Scott, senón que Kermit era un nome moi común no século XX.
O nome oficial do personaxe é Kermit the Frog, mais por mor da internalización de The Muppets e Sesame Street (coas súas diferentes adaptacións en diferentes países), Kermit foi renomeado decote. No Brasil, Kermit é chamado Caco o Sapo. En Portugal, Kermit é chamado Cocas o Sapo. Na meirande parte de América Latina, Kermit é chamado Rana René. En España, é chamado Rana Gustavo. No lanzamento de The Muppets (2011), Walt Disney Pictures introduciu o nome Kermit para todas as versións e mercados internacionais.
Voz
editarJim Henson (1955–1990)
Steve Whitmire (1990–presente)
Artie Esposito (Suplente, 2009)
John Kennedy (MuppetFest 2001, Disney Cruise Line, 2006)
Frank Welker (Muppet Babies e outras animacións)
Filmografía
editar- Emmet Otter's Jug Band Christmas (1977) (TV)
- The Muppet Movie (1979)
- The Great Muppet Caper (1981)
- The Muppets Take Manhattan (1984)
- A Muppet Family Christmas (1987) (TV)
- The Muppets at Walt Disney World (1990) (TV)
- The Muppet Christmas Carol (1992)
- Muppet Treasure Island (1996)
- Muppets from Space (1999)
- Kermit's Swamp Years (2002) (Vídeo)
- It's a Very Merry Muppet Christmas Movie (2002) (TV)
- Mago de Oz de los Muppets (2005) (TV)
- The Muppets (filme) (2011)
- los Muppets 2014 (TV)
Ademais apareceu en programas estadounidenses como Sesame Street (1969-2001,2009), The Muppet Show (1976-1981), The Tonight Show (1979), Especial de ABC News (1987), Larry King Live (1994), Muppets Tonight (1996-1998), Who Wants to be a Millionaire (2000), Hollywood Squares (2001), The Daily Show with Jon Stewart (2001), Extreme Over: Home Edition (2006), American Idol (2006), Good Morning America (2006) e ingleses como I Love the 70´s (2000). Incluso fixo anuncios comerciais para BMW, Ford, Pizza Hut e UPS. En 2008 el e os Muppets apareceron nos dous especiais de Disney Channel, Studio DC Almost Live onde os Muppets fixeron sketches e números musicais coas estrelas da canle como Good Luck Charlie e So Random!.
Notas
editar- ↑ Jim Henson Arquivado 24 de marzo de 2012 en Wayback Machine. Entrevista de Judy Harris a Jim Henson (21-setembro-1982); infromación en Bestweb.net