Kersti Kaljulaid
Kersti Kaljulaid nada en Tartu o 30 de decembro de 1969, é unha política estoniana e a quinta presidenta de Estonia, no cargo dende o 10 de outubro de 2016. É a primeira muller xefa do estado de Estonia dende que o país declarou a súa independencia en 1918, así como o presidente máis novo da súa historia, con 46 anos no momento da súa elección.[1]
Kaljulaid serviu como representante de Estonia no Tribunal de Contas Europeo dende o ano 2004 até o 2016.[2] Despois de varias roldas sen éxito eleccións presidenciais de 2016, Kaljulaid foi presentada como un "candidata sorpresa", e o 30 de setembro de 2016 foi nomeada pola maioría dos partidos parlamentarios como candidata conxunta para Presidenta de Estonia, e como candidata única para esa rolda. Kaljulaid foi votada como Presidenta de Estonia o 3 de outubro de 2016, con 81 votos a prol e 17 abstencións.[3][4]
Notas
editar- ↑ Former European auditor Kersti Kaljulaid elected president of Estonia Estonian World, 2 de outubro de 2016. Consultado o 3 de outubro de 2016.
- ↑ Kes on Kersti Kaljulaid? Arquivado 01 de outubro de 2016 en Wayback Machine. Postimees, 27 de setembro de 2016 (en estoniano). Consultado o 30 de setembro de 2016.
- ↑ Kersti Kaljulaid sai 81 häälega uueks Eesti presidendiks ERR, 3 de outubro de 2016 (en estoniano). Consultado o 3 de outubro de 2016
- ↑ "Estonia's parliament elects country's first female president". Reuters. 3 de outubro de 2016. Consultado o 6 de outubro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kersti Kaljulaid |