Khanato
palabra de orixe turca-mongol utilizada para describir unha entidade política gobernada por un khan.
Khanato[1][2] é unha palabra de orixe turca-mongol utilizada para describir unha entidade política gobernada por un khan.
En turco moderno, a palabra que se usa é kağanlık, e no azerí moderno da República de Azerbaidján, xanlıq. En Mongolia utilízase a palabra khanlig, como en Khereidiin Khanlig, que significa khanato de Kerait.
Esta entidade política é típica dos pobos da estepa de Eurasia e pode ser equivalente a outros termos tribais como cacicado, principado ou reino.
Os khanatos foron ás veces reagrupados en khaganatos, unha especie de Imperio baixo a autoridade dun khan soberano, khan de khanes, coñecido en galego como Gran Khan ou khagán (turco: kağan; mongol: хаган).
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para khanato.
- ↑ "Entrada khanato en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2017. Consultado o 12 de decembro de 2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Khanato |
Outros artigos
editar Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |