La Passion de Jeanne d'Arc
La passion de Jeanne d’Arc é un filme mudo dirixido por Carl Theodor Dreyer en 1928.
La passion de Jeanne d’Arc | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Director | Carl Theodor Dreyer |
Guión | Joseph Delteil Carl Theodor Dreyer |
Intérpretes | Maria Falconetti Eugene Silvain André Berley |
Fotografía | Rudolph Maté |
Montaxe | Marguerite Beaugué Carl Theodor Dreyer |
Estudio | Societé generale de films |
Estrea | 21 de abril de 1928 |
Duración | 82 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | Drama histórico |
Na rede | |
Sinopse
editarA heroína francesa Xoana de Arco é levada ao tribunal. Os xuíces tratan de que diga algo que negue a súa afirmación de ser unha enviada de Deus para loitar contra os ingleses, mais ela mantense firme. Ensínanlles cartas falsas, pero aínda así non o conseguen. Cando xa está na cacharela pide un sacerdote, pero ao final tamén o acaba rexeitando.
Personaxes
editar- Maria Falconetti como Xoana de Arco
- Eugène Silvain como o bispo Pierre Cauchon
- André Berley como Jean d'Estivet
- Maurice Schutz como Nicolas Loyseleur
- Antonin Artaud como Jean Massieu
- Michel Simon como Jean Lemaître
- Jean d'Yd como Guillaume Evrard
- Ravet como Jean Beaupère
- André Lurville como xuíz
- Jacques Arnna como xuíz
- Alexandre Mihalesco como xuíz
- Léon Larive como xuíz
Produción
editarO filme foi dirixido por Dreyer tralo éxito en Dinamarca de Du skal ære din hustru. A realización do filme durou un ano e medio, que resultou unha tortura para os participantes, especialmente para a protagonista, Maria Falconetti.
Gran parte do orzamento foi dedicado á recreación dos decorados, a pesar de que a utilización de primeiros planos fai que non se vexan en moitos momentos.
O filme sufriu diversos problemas de montaxe, comezando pola censura obrigada polo arcebispo de París, así como pola perda do negativo orixinal no incendio dos estudios UFA de Berlín.
A principios dos anos oitenta apareceu unha copia nun sanatorio mental de Oslo.[1]
Notas
editar- ↑ Manel Carrasco (8 de marzo de 2013). El blog de filmin, ed. "15 claves que quizás no conozcas sobre "La Pasión de Juana de Arco"". Consultado o 1 de decembro de 2013. (en castelán)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en filmaffinity (en inglés)