La sombra del viento

La sombra del viento é unha novela en lingua castelá de Carlos Ruiz Zafón, publicada en 2001 por Editorial Planeta. É o primeiro volume dunha tetraloxía ambientada en Barcelona, continuada pola precuela El juego del ángel (abril de 2008) e a secuela El prisionero del cielo (2011). Converteuse nun best-séller internacional, sendo traducida a máis de 30 idiomas e vendendo 15 millóns de exemplares[1].

La sombra del viento
Título orixinalLa sombra del viento
Autor/aCarlos Ruiz Zafón
Ilustrador/aRiki Blanco
OrixeEspaña
Linguacastelán
Tema(s)First Francoism
Xénero(s)Novela de misterio
EditorialEditorial Planeta
Data de pub.2001
FormatoTapa dura
Páxinas565
ISBNISBN 84-08-05793-6
Seguido porEl juego del ángel
Premios
Na rede
BNE: XX3098939
editar datos en Wikidata ]

A novela está ambientada na Barcelona da posguerra, entre 1945 e 1956. Daniel Sempere é un rapaz de 10 anos orfo de nai e fillo dun libreiro. No verán de 1945 o pai lévao ao Cemiterio dos Libros Esquecidos, unha vella biblioteca cunha gran cantidade de libros abandonados e coidados con agarimo por un pequeno número de iniciados. Conforme á tradición, cada vez que alguén leva un novo iniciado, este ten dereito a levar un libro, que debe coidar como a vida propia. Daniel escolle La sombra del viento, de Julián Carax, que le esa mesma noite na casa. Abraiado, procura outros libros do mesmo autor, pero non logra atopar ningún. Todo o que consegue son historias sobre un home estraño que se fai chamar Laín Coubert (como un personaxe do libro que resulta ser o Diaño) que persegue os libros de Carax para prenderlles lume.

Nese punto a novela convértese nunha historia dentro doutra. Daniel, xa adolescente, procura outras obras de Julián e descobre a historia do autor.

Personaxes

editar
  • Daniel Sempere: personaxe principal. Fillo dun libreiro.
  • Tomás Aguilar: mellor amigo de Daniel Sempere.
  • Fermín Romero de Torres: vagabundo, faise amigo de Daniel e pasa a traballar na librería.
  • Beatriz Aguilar: irmá de Tomás, convértese na muller de Daniel.
  • Clara Barceló: sobriña de Gustavo Barceló.
  • Julián Carax: escritor e pianista.
  • Francisco Javier Fumero: policía.
  • Miquel Moliner: amigo da infancia de Julián Carax.
  • Padre Fernando Ramos: compañeiro da escola de Julián.
  • Jorge Aldaya: amigo da infancia de Julián Carax.
  • Penélope Aldaya: irmá de Jorge e amante de Julián.
  • Jacinta Coronado: aia de Penélope.
  • Nuria Monfort: compañeira de traballo de Julián e amante súa. Filla de Isaac Monfort, vixilante do Cementerio dos Libros Olvidados.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
INTERN 1
todo 2