Lactobacillales é unha orde de bacterias grampositivas que comprende as bacterias do ácido láctico. Encóntranse no solo, auga, plantas e animais. Utilízanse na produción de alimentos fermentados, como iogur, queixo, manteiga, quefir etc., nos que orixinan a formación de ácido láctico a partir de azucres. Tamén son responsables da fermentación maloláctica na produción do viño, e fermentan os repolos para facer sucrut. Hai tamén especies patóxenas como Streptococcus pneumoniae ou Enterococcus faecalis.

Características

editar
  • As Lactobacillales teñen células de formas variadas: cocos, bacilos ou cocobacilos.
  • Obteñen a enerxía da oxidación de compostos orgánicos.[1]
  • Son grampositivas
  • Non esporuladas, xeralmente non móbiles
  • Oxidase negativas (ausencia do encima oxidase)
  • Catalase negaivas (ausencia do encima catalase).

Ademais, o riboswitch de caixa SMK encóntrase só na orde Lactobacillales.

Familias

editar

Comprenden as familias Aerococcaceae, Carnobacteriaceae, Enterococcaceae, Lactobacillaceae, Leuconostocaceae, e Streptococcaceae.

A familia tipo é a das Lactobacillaceae que ten numerosas especies que forman parte da microbiota da boca, tracto gastrointestinal e vaxina dos animais homeotermos. Estes bacilos están presentes en alimentos lácteos, carne, peixe, cereais, froitas, zumes de froitas, legumes, prebes e pratos cociñados.[1] Utilízanse na produción de alimentos fermentados como o queixo ou iogur e outros. As Aerococcaceae encóntranse no aire, po, vexetación e solo. As Carnobacteriaceae encóntranse na carne envasada ao baleiro, o queixo, peixe ou nos lagos antárticos meromícticos[2]. As Enterococcaceae forman parte da flora intestinal dos mamíferos e aves, e algunhas son patóxenas, como Enterococcus faecalis. As Leuconostocaceae encóntranse nas plantas e en diversos alimentos como o leite e os produtos lácteos fermentados, produtos vexetais fermentados e carne. Moitas Streptococcaceae son comensais ou parasitos de animais, e algunhas moi patóxenas como Streptococcus pneumoniae.[2].

Filoxenia

editar

A orde Lactobacillales foi proposta inicialmente en 2005, e foi descrita en 2009 no volume 3 da segunda edición do Manual de bacterioloxía sistemática de Bergey (Ludwig et al.) e validado en marzo de 2010 e inscrito na lista de validación 132. A taxonomía aceptada actualmente desta orde está baseada na LPSN [3] [4] e a filoxenia foi elaborada segundo as secuencias do ARNr 16S da LTP 106 do 'The All-Species Living Tree' Project [5]

Lactobacillales

Aerosphaera taetraHutson & Collins 2000

Carnococcus allantoicusTanner et al. 1995

Aerococcaceae

Granulicatella Collins e Lawson 2000

Atopobacter phocae Lawson et al. 2000

Bavariicoccus seileri Schmidt et al. 2009

Trichococcus Scheff et al. 1984 emend. Liu et al. 2002

Lactobacillus algidus Kato et al. 2000

Lactobacillus grupo de especies 2

Lactobacillus Beijerinck 1901 emend. Cai et al. 2012

Leuconostocaceae

Lactobacillus grupo de especies 3

Lactobacillus grupo de especies 4

Lactobacillus grupo de especies 5

Lactobacillus grupo de especies 6

Pediococcus Claussen 1903

Lactobacillus grupo de especies 7

Carnobacterium Collins et al. 1987

Isobaculum melis Collins et al. 2002

Carnobacteriaceae 2 [incl. varios Carnobacterium sp.]

Desemzia incerta (Steinhaus 1941) Stackebrandt et al. 1999

Enterococcaceae & Streptococcaceae

(continúa)

Lactobacillales parte 2 (continuación)

editar
Lactobacillales parte 2

Vagococcus fessus Hoyles et al. 2000

Vagococcus Collins et al. 1990

Catellicoccus marimammalium Lawson et al. 2006

Enterococcus (ex Thiercelin e Jouhaud 1903) Schleifer e Kilpper-Bälz 1984

Enterococcus phoeniculicola Law-Brown e Meyers 2003

Enterococcus grupo de especies 2 [incl. Melissococcus plutonius & Tetragenococcus]

Enterococcus grupo de especies 3

Enterococcus grupo de especies 4

Enterococcus raffinosus Collins et al. 1989

Enterococcus avium (ex Nowlan e Deibel 1967) Collins et al. 1984

Enterococcus pallens Tyrrell et al. 2002

Enterococcus hermanniensis Koort et al. 2004

Pilibacter termitis Higashiguchi et al. 2006

Streptococcaceae

Notas:
♠ Cepas que se encontran no NCBI pero non están na LPSN.

Xéneros de bacterias do ácido láctico

editar
  1. 1,0 1,1 "Prokaryotes". Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2013. 
  2. 2,0 2,1 Boone, David R.; George M. Garrity, Richard W. Castenholz, Don J. Brenner, Noel R. Krieg, James T. Staley (2001). Springer, ed. Bergey's Manual of Systematic Bacteriology: The Firmicutes. ISBN 0387684891. 
  3. Ver List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature. J.P. Euzéby. "Lactobacillales". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2013. Consultado o 2012-05-17. 
  4. Ver NCBI Lactobacillales Sayers; et al. "NCBI Taxonomy Browser". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 2012-05-17. 
  5. Ver 'The All-Species Living Tree' Project [1] Arquivado 19 de xullo de 2012 en Wayback Machine.. "16S rRNA-based LTP release 106 (full tree)" (PDF). Silva Comprehensive Ribosomal RNA Database. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de maio de 2012. Consultado o 2012-05-17. 
  NODES
Project 2
todo 1