Lampião
Virgulino Ferreira da Silva, coñecido como Lampião, o rei de Cangaço,[1] nado en Vila Bela o 4 de xuño de 1898 e finado en Poço Redondo o 28 de xullo de 1938, foi un brasileiro cangaceiro[2][3] rexión do interior do nordeste do Brasil. Segundo o biógrafo Cicinato Ferreira Neto, o alcume de "Lampião" foille posto pola súa facilidade para manexar o fusil, " que, de tanto disparar, semellaba máis ben unha lámpada acesa nas noites escuras da caatinga ".[4]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xuño de 1897 Serra Talhada, Brasil (pt) |
Morte | 28 de xullo de 1938 (41 anos) Poço Redondo, Brasil (pt) |
Causa da morte | ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | ladrón, Cangaço |
Familia | |
Cónxuxe | Maria Bonita |
Fillos | Expedita Ferreira |
Lampião foi probablemente o líder de bandidos máis exitoso do século XX.[2] Para unha parte da poboación do país, encarnaba valores como a valentía, o heroísmo e o sentido da honra. Por iso, as súas fazañas convertérono nun heroe popular no Brasil, especialmente na rexión nordeste do país, o que lle valeu unha reputación equivalente á do criminal norteamericano Jesse James e ao revolucionario mexicano Pancho Villa.[3]
Notas
editar- ↑ Frederico Pernambucano, de Mello. Guerreiros de Sol - Violência e Banditismo no Nordeste do Brasil. ISBN 9788563610058.
- ↑ 2,0 2,1 Chandler, Billy Jaynes (1978). The Bandit King: Lampião of Brazil. Texas A&M University Press. ISBN 0-89096-194-8.
- ↑ 3,0 3,1 Klévisson Viana (2000). Lampião — era o cavalo do tempo atrás da besta da vida: uma história em quadrinhos. hedra. ISBN 9788587328076.
- ↑ "Lampião, herói ou vilão do Sertão?". super.abril.com.br. Consultado o 2024.