Lanciano
Lanciano é unha pequena cidade italiana de orixe medieval, da provincia de Chieti. Está situada nos Abruzos, preto da costa do mar Adriático. O concello (en italiano comune) ten unha superficie de 66,94 km² e, segundo o censo do 31 de marzo de 2016 a súa poboación é de 35 312 habitantes, o que dá unha densidade de poboación de 529,51 hab./km².[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión | Abruzzo | ||||
Provincias | Provincia de Chieti | ||||
Capital | Lanciano | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 33.944 (2023) (507,08 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 66,94 km² | ||||
Altitude | 265 m | ||||
Comparte fronteira con | Atessa (pt) Poggiofiorito (pt) Paglieta (pt) Rocca San Giovanni (pt) San Vito Chietino (pt) Sant'Eusanio del Sangro (pt) Orsogna (pt) Frisa (pt) Mozzagrogna (pt) Castel Frentano (pt) Fossacesia (pt) Treglio (pt) | ||||
Santo padrón | Santa María | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 66034 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0872 | ||||
Identificador ISTAT | 069046 | ||||
Código catastral italiano | E435 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | comune.lanciano.chieti.it |
O centro da cidade está situado a 265 m sobre o nivel do mar, pero a altitude do concello varía desde os 33 m da "contrada" Serre, cerca do río Sangro, aos 410 m de San Nicolino, no límite con Castel Frentano.
O territorio de Lanciano sitúase onde as abas da Majella van caendo cara ao mar. No sur chega a limitar co río Sangro. A cidade está atravesada polo torrente Feltrino, que pasa un pouco ao norte do centro histórico. Este último encóntrase sobre tres outeiros (Erminio, Petroso e Selva), mentres que o desenvolvemento posterior tivo lugar sobre terreos máis planos ao sur deste.
Nesta cidade naceu en 1958 o músico Massimo Spadano, violín concertino da Orquestra Sinfónica de Galicia.[2]
Notas
editar- ↑ Lanciano en tuttitalia., Consultada o 20 de novembro de 2016.
- ↑ Lobato, X. (21-11-2009). "Un proletario del violín". El País.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |