Larry Flynt
editor estadounidense
Larry Claxton Flynt, Jr., nado Salyersville (Kentucky) o 1 de novembro de 1942 e finado o 10 de febreiro de 2021 nos Ánxeles, foi un editor estadounidense á cabeza da compañía Larry Flynt Publications, que produce principalmente material pornográfico, incluíndo vídeo e revistas, sendo Hustler a máis coñecida de todas elas. A compañía ten unha facturación anual que rolda os 150 millóns de dólares[Cómpre referencia]. Ao longo da súa vida, Larry Flynt tomou parte en varias batallas legais relacionadas coa primeira emenda da constitución dos Estados Unidos e presentouse á presidencia varias veces. Sufriu dun trastorno bipolar e quedou paralizado de cintura para abaixo debido a un intento de asasinato.
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de novembro de 1942 Salyersville, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 10 de febreiro de 2021 (78 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
Residencia | Hollywood Hills |
Relixión | Ateísmo |
Actividade | |
Campo de traballo | Edición, empreendedorismo (pt) e pornografía |
Ocupación | editor, xornalista, político, autobiógrafo, emprendedor, actor de cinema |
Período de actividade | 1965 - 2021 |
Partido político | Partido Demócrata |
Carreira militar | |
Rama militar | Armada dos Estados Unidos de América |
Familia | |
Cónxuxe | Althea Flynt (1976–1987), morte do cónxuxe |
Cronoloxía | |
6 de marzo de 1978 | tentativa de asasinato |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | larryflynt.com |