Lasiorhinus krefftii

Lasiorhinus krefftii é unha especie de mamífero marsupial da orde dos diprotodontes, suborde dos vombatiformes e familia dos vombátidos,[1] unha das dúas que integran na actualidade o xénero Lasiorhinus],[2] coñecido na bibliografía internacional como uombat de fociño peludo do norte.

Lasiorhinus krefftii
Uombat de fociño peludo do norte

Rango fósil: mioceno - actualidade
Estado de conservación
Crítico
Crítico
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Infraclase: Marsupialia
Superorde: Australidelphia
Orde: Diprotodontia
Suborde: Vombatiformes
Familia: Vombatidae
Xénero: Lasiorhinus
Especie: L. krefftii
Nome binomial
Lasiorhinus krefftii
(Owen, 1873)
A restrinxida área de dispersión de Lasiorhinus kreffti
A restrinxida área de dispersión de Lasiorhinus kreffti

A restrinxida área de dispersión de Lasiorhinus kreffti

É un dos mamíferos máis raros do mundo, e está en perigo crítico de extinción.

Taxonomía

editar

Descrición

editar

A especie foi descrita en 1873 polo biólogo inglés Richard Owen en Philos. Trans. R. Soc. London, 162: 178.[1]

Etimoloxía

editar

O nome do xénero, Lasiorhinus está formado polos elementos do latín científico lasio-, tirado do grego antigo λάσιος lásios, 'peludo' e -rhinus, derivado do grego antigo ῥίς ῥινός rhís, rhinós, 'nariz'. Literalmente: 'os do nariz peludo'.[3]

En canto ao nome específico, krefftii, é unha homenaxe ao zoólogo e paleontólogo australiano Gerard Krefft (1830–1881).

Subespecies

editar

Segundo o Mammal Species of the World, e o Sistema Integrado de Información Taxonómica, na actualidade recoñécense as seguintes tres subespecies:[1][4]

  • Lasiorhinus krefftii (Owen, 1873)
    • Lasiorhinus krefftii krefftii Owen, 1873 [5]
    • Lasiorhinus krefftii gillespiei DeVis, 1900 [6]
    • Lasiorhinus krefftii barnardi Longman, 1939 [7]

Estado de conservación

editar

O uombat de fociño peludo do norte, que antigamente vivía en numerosas rexións áridas e semiáridas de Australia, desde o centro-sur de Nova Gales do Sur até o centro de Queensland, está actualmente restrinxida ao Parque Nacional Epping Forest, onde ten unha área de dispersión dunhas 500 ha.[8]

A súa poboación actual (2016) é de tan só 115 animais, e caera a 30 ou 40 individuos na década de 1980, pero a exclusión do gando en 1982 conducíu a un aumento constante no número de individuos. Os períodos de seca poden reducir grandemente a poboación. Por iso a UICN cualificou o status desta especie como CR (en risco crítico de extinción).[8]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
  • McKenna, Malcolm C.; Bell, Susan K., eds. (1997). Classification of mammals – above the species level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-2311-1012-9.
  • Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press.
  • Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
  • Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
  • Wilson, D. E. & Reeder D. M. (editores) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-4.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
INTERN 2
todo 4