Laurence Sterne, nado en Clonmel (Irlanda) o 24 de novembro de 1713 e finado en Londres o 18 de marzo de 1768, foi un escritor inglés.

Modelo:BiografíaLaurence Sterne

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de novembro de 1713 Editar o valor en Wikidata
Clonmel, Irlanda Editar o valor en Wikidata
Morte18 de marzo de 1768 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCoxwold (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Vigairo Coxwold (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónAnglicanismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónJesus College
Hipperholme Grammar School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, autobiógrafo, novelista, relixioso Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioYorick Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeElizabeth Lumley Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Стерн Лоренс)
Dictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1038177 BNE: XX830846 Bitraga: 670 Dialnet: 2107555 Musicbrainz: 7a3ae370-35c7-4dda-9582-e54a57dba3ad Discogs: 4702989 Find a Grave: 9732070 Editar o valor en Wikidata
Retrato de Laurence Sterne, por Sir Joshua Reynolds

Traxectoria

editar

Nado en Clonmel (Tipperary), no sur de Irlanda, de pai militar inglés destinado nese país. Estudou na Cambridge. Foi ordenado sacerdote da Igrexa de Inglaterra en 1738. En 1741 casou con Elizabeth Lumley, coa que tivo unha filla, Lydia. En 1760 outorgáronlle o vicariato de Coxwold (Yorkshire), onde chamou a atención polos seus excéntricos sermóns. A finais de 1760 estableceuse en Londres, onde levou unha vida disoluta pese a encontrarse xa afectado por unha tuberculose. Por razóns de saúde, de 1762 a 1764, viviu en Tolosa (Francia) coa súa muller, enferma mental, e a súa filla.

Empezou a escribir aos 46 anos. En 1765 emprendeu unha viaxe por Francia e Italia que deu lugar ao libro Unha viaxe sentimental por Francia e Italia, obra pensada orixinalmente en catro partes das que Sterne só puido completar dúas, nas que evoca con reflexións cheas de fantasía, humor e melancolía a súa viaxe por Calais, Ruán, París e os arrabaldes de Lión.

En 1767 deu a coñecer as súas Cartas a Eliza, correspondencia dirixida á súa amante Eliza Draper. Admirou a Cervantes, Rabelais e Jonathan Swift. É un dos escritores máis innovadores e influentes da literatura. Nietzsche di de Sterne que é «o escritor máis libre de todos os tempos», e «o gran mestre do equívoco... este é o seu propósito, ter e non ter razón á vez, mesturar a profundidade e a bufonería... Hai que renderse á súa fantasía benévola, sempre benévola». Sterne anticipa moitos dos recursos narrativos das vangardas literarias de fins do século XIX e inicios do XX, en gran medida fai unha especie de monólogo interior que preanuncia o de Joyce.

Morreu de tuberculose o 18 de marzo de 1768 en Londres.

En 2005, o director inglés Michael Winterbottom, realizou A Cock and Bull Story (Unha historia de gallo e touro), película baseada na novela A vida e opinións do cabaleiro Tristram Shandy, produción do Reino Unido que contaba con Steve Coogan no papel de Tristram Shandy.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 2