Lenin (quebraxeos de 1916)

O Lenin (ruso: Ленин) foi un quebraxeos, construído en Inglaterra para o Imperio ruso. Botado en 1916, antes de entrar en servizo para Rusia, o barco serviu na Mariña Real durante a guerra civil rusa. Foi, finalmente, adquirido pola Unión Soviética e serviu durante a segunda guerra mundial, sendo finalmente desmantelado en 1977.

St Alexandre Nevski
HMS Alexander
Lenin
Vladimir Ilich Lenin (desde 1957)
Historial
Estaleiro Armstrong Whitworth, Newcastle upon Tyne, Reino Unido Reino Unido
Tipo Quebraxeos
Posta en grella Xuño 1916
Botado 26 de decembro de 1916
Asignado setembro de 1917
Baixa 1968
Destino Desmantelado en 1977
Características xerais
Desprazamento 3,375 tn

Historia do buque

editar

A construción do barco, por encargo da Armada Imperial rusa, comezou en xuño de 1916 no estaleiro de Armstrong Whitworth en Newcastle upon Tyne como o St Alexandre Nevski, en honra ao heroe ruso Alexandre Nevski.[1] A súa construción estivo supervisada polo arquitecto naval ruso Ievgeny Zamyatin.[2] O buque foi lanzado o 23 de decembro de 1916, e rematado en xuño de 1917. Para entón, o Imperio ruso xa deixara de existir tras a Revolución de Febreiro, e o buque foi utilizado pola Royal Navy renomeándoo como HMS Alexander, en setembro de 1917. O HMS Alexander serviu na campaña do norte de Rusia, e foi entregado ás forzas do Exército Branco cando os británicos se retiraron en outubro de 1919.[1]

Baixo bandeira soviética

editar

O buque foi capturado axiña polos bolxeviques. En 1921, o mariñeiro e explorador noruegués Otto Sverdrup comandou o barco, agora chamado Lenin, a petición do goberno soviético, nunha expedición na zona ártica de Siberia. Dirixiu un convoi de cinco buques de carga nunha viaxe experimental a través do mar de Kara ata as desembocaduras dos ríos Obi e Ienisei. Os barcos chegaron ao seus destinos e o Lenin regresou con seguridade. Este foi considerado un paso importante no desenvolvemento do mar de Kara na ruta do Mar do Norte.[3]

En 1937 o Lenin quedou atrapado no xeo, xunto a un convoi de cinco buques. Finalmente foron rescatados polo quebraxeos Krasin en agosto de 1938.[4]

Durante a segunda guerra mundial o Lenin tomou parte nos convois rusos no Ártico.

O Lenin continuou en servizo durante a guerra fría, pero en 1957, cando o quebraxeos nuclear Lenin foi lanzado, foi renomeado como Vladimir Ilich Lenin. O buque foi retirado do servizo en 1968 e, finalmente, desmantelado en 1977.[1]

editar

Na súa novela distópica We, Evgenii Zamiatin refírese á especificacións do St Alexandre Nevski nos nomes dalgúns dos seus personaxes.

  1. 1,0 1,1 1,2 "Requisitioned Auxiliary - Alexander". historicalrfa.org. 2012. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2017. Consultado o 16 June 2012. 
  2. Myers, Alan. "Zamyatin in Newcastle". Arquivado dende o orixinal o 27 September 2007. Consultado o 16 June 2012.  (updates articles by Myers published in Slavonic and East European Review)
  3. Barr, William. "Arctic Profile : Otto Sverdrup (1854-1930)" (PDF). Arctic (Arctic Institute of North America) 37 (1): 72–73. doi:10.14430/arctic2169. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de agosto de 2017. Consultado o 16 June 2012. 
  4. Barr, William (March 1980). "The Drift of Lenin's Convoy in the Laptev Sea, 1937-1938" (PDF). Arctic 33 (1): 3–20. doi:10.14430/arctic2543. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de maio de 2011. Consultado o 2008-07-26. 

Véxase tamén

editar
  NODES
todo 1