Leo Varadkar
Leo Varadkar (pronunciado /ˈliː.oʊ vəˈɹædkəɹ/), nado en Dublín o 18 de xaneiro de 1979, é un médico e político irlandés de Fine Gael, actual Tánaiste da República de Irlanda. Anteriormente foi ministro de Protección Social e Teachta Dála por Dublín Occidental desde 2007.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xaneiro de 1979 (45 anos) Dublín, Irlanda |
14º Taoiseach | |
17 de decembro de 2022 – 9 de abril de 2024 ← Micheál Martin (pt) – Simon Harris → | |
Tánaiste (pt) | |
27 de xuño de 2020 – 17 de decembro de 2022 ← Simon Coveney – Micheál Martin (pt) → | |
Minister for Enterprise, Trade and Employment (en) | |
27 de xuño de 2020 – 17 de decembro de 2022 ← Heather Humphreys (pt) – Simon Coveney → | |
Teachta Dála | |
8 de febreiro de 2020 – Lexislatura: 33rd Dáil (en) Circunscrición electoral: Dublin West (en) Electo en: eleições parlamentares irlandesas de 2020 (pt) | |
Minister for Enterprise, Trade and Employment (en) | |
28 de novembro de 2017 – 30 de novembro de 2017 ← Frances Fitzgerald (pt) – Heather Humphreys (pt) → | |
Ministro da Defesa (pt) | |
14 de xuño de 2017 – 27 de xuño de 2020 ← Enda Kenny – Simon Coveney → | |
14º Taoiseach | |
14 de xuño de 2017 – 27 de xuño de 2020 ← Enda Kenny – Micheál Martin (pt) → | |
Leader of Fine Gael (en) | |
2 de xuño de 2017 – 20 de marzo de 2024 ← Enda Kenny – Simon Harris → | |
Minister for Social Protection (en) | |
6 de maio de 2016 – 14 de xuño de 2017 ← Joan Burton (pt) – Regina Doherty (pt) → | |
Teachta Dála | |
10 de marzo de 2016 – 14 de xaneiro de 2020 (disolución do parlamento) Lexislatura: 32nd Dáil (en) Circunscrición electoral: Dublin West (en) Electo en: eleições parlamentares irlandesas de 2016 (pt) | |
Minister for Health (Ireland) (en) | |
11 de xullo de 2014 – 6 de maio de 2016 ← James Reilly (pt) – Simon Harris → | |
Minister for Transport (Ireland) (en) | |
9 de marzo de 2011 – 11 de xullo de 2014 ← Pat Carey (en) – Paschal Donohoe (pt) → | |
Teachta Dála | |
9 de marzo de 2011 – 3 de febreiro de 2016 (disolución do parlamento) Lexislatura: 31st Dáil (en) Circunscrición electoral: Dublin West (en) Electo en: eleições parlamentares irlandesas de 2011 (pt) | |
Teachta Dála | |
14 de xuño de 2007 – 1 de febreiro de 2011 (disolución do parlamento) Lexislatura: 30th Dáil (en) Circunscrición electoral: Dublin West (en) Electo en: eleições parlamentares irlandesas de 2007 (pt) | |
Tenente de alcalde | |
Datos persoais | |
Educación | Trinity College Dublín - medicina The King's Hospital (en) School of Medicine, Trinity College Dublin (en) |
Cor dos ollos | Castaño |
Actividade | |
Ocupación | político, médico |
Partido político | Fine Gael |
Salario base | 234.447 $ |
Participou en | |
16 de xaneiro de 2023 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2023 |
22 de xaneiro de 2019 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2019 |
23 de xaneiro de 2018 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2018 |
Familia | |
Parella | Dr Matthew Barrett |
Premios | |
| |
Sitio web | leovaradkar.ie |
Varadkar estudou medicina no Trinity College de Dublín. Traballou durante varios anos como residente antes de cualificarse como médico xeral en 2010. En 2004 pasou a ser membro do Consello do Condado de Fingal e foi tenente de alcalde antes da súa elección para o Dáil Éireann. Foi ascendido á dirección por Enda Kenny como portavoz de Empresas, Comercio e Emprego, permanecendo neste cargo até unha remodelación en 2010, cando pasou a ser portavoz de Comunicacións, Enerxía e Recursos Naturais.
Tras a formación do goberno de coalición en marzo de 2011, foi nomeado ministro de Transportes, Turismo e Deporte. Unha remodelación do gabinete en xullo de 2014 levou a Varadkar a ser nomeado ministro de Sanidade.
Vardkar ten ascendencia india, é católico e representante democristiano. Durante o seu mandato converteuse no primeiro ministro abertamente homosexual do goberno irlandés (en oposición a postura católica). Despois de formar un goberno minoritario de Fine Gael en maio de 2016, foi nomeado ministro de Protección Social.
Tras a xubilación de Enda Kenny, foi elixido líder de Fine Gael o 2 de xuño de 2017. Foi elixido Taoiseach polo Dáil Éireann o 14 de xuño, nomeamento aprobado polo presidente de Irlanda. [1] [2]
Notas
editar- ↑ "Politics". RTE. 8 de xuño 2017. Consultado o 6-2-2022.
- ↑ "Varadkar-may-have-smaller-majority-as-Taoiseach-than-kenny". The Irish Times. 6 de xuño de 2017. Consultado o 6-2-2022.
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leo Varadkar |
- Leo Varadkar (en inglés) páxina web de Fine Gael