Leon Battista Alberti

arquitecto italiano

Leon Battista Alberti, nado en Xénova en 1404 e finado en Roma en 1472, foi un arquitecto, pintor, matemático, poeta, lingüista, filósofo, músico e arqueólogo italiano. Trátase dunha das figuras máis representativas do ideal do home do Renacemento xunto a Leonardo da Vinci. A súa biografía está descrita no libro de Giorgio Vasari, Vite.

Modelo:BiografíaLeon Battista Alberti

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Leon Battista degli Alberti Editar o valor en Wikidata
14 de febreiro de 1404 Editar o valor en Wikidata
Xénova (República de Xénova) Editar o valor en Wikidata
Morte25 de abril de 1472 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Roma (Estados Pontificios) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica da Santa Cruz 43°46′06″N 11°15′46″L / 43.76845, 11.262739 Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Boloña - dereito (1421–1425) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura, art theory (en) Traducir, arquitectura, Humanismo, escultura, Cifrado, ecclesiastical law (en) Traducir, edifício histórico (pt) Traducir e Renacemento Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Roma (1443 (Gregoriano)–1472 (Gregoriano))
Florencia (1439 (Gregoriano)–1443 (Gregoriano))
Ferrara (1438 (Gregoriano)–1439 (Gregoriano))
Florencia (1434 (Gregoriano)–1437 (Gregoriano))
Roma (1432 (Gregoriano)–1434 (Gregoriano))
Padua (1416 (Gregoriano)–1428 (Gregoriano))
Boloña Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, organista, dramaturgo, matemático, pintor, científico, teórico da arte, artista, humanista, oficial, medallista, escultor, poeta, criptógrafo, lingüista, escritor, arquitecto, teórico da música, teórico da arquitectura, musicólogo, deportista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1419 Editar o valor en Wikidata - 1472 Editar o valor en Wikidata
MovementoRenacemento italiano Editar o valor en Wikidata
ProfesoresGasparino Barzizza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoÓrgano Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteTeutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) Traducir, (sec:Leon Battista Alberti, 68)
Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori, (sec:V3.18, Leon Battista Alberti architetto fiorentino)
Schilderboeck (pt) Traducir, (sec:T'leven van Leon Baptista Alberti, Florentijnsch Schilder, en Bouwmeester., M129) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1108703 Find a Grave: 91917906 Editar o valor en Wikidata
Leon Battista Alberti

Traxectoria

editar

Alberti, nado en Xénova, é fillo ilexítimo dunha familia de comerciantes florentinos. Os primeiros estudos realízaos en Venecia e Padua. Na Universidade de Boloña estuda leis e grego. No ano 1421 comeza a carreira eclesiástica. No ano 1431 é nomeado secretario do patriarca de Grado, en 1432 foi transferido a Roma.

Alberti dedicouse á actividade literaria dende moi novo. En Boloña escribe unha comedia autobiográfica en latín, Philodoxus (Amante da Gloria). Escribe tamén tratados de arquitectura como De re aedificatoria (1452), onde expón novos métodos de fortificación, de pintura De pictura (1435), traducido polo propio Alberti ao romance co título de Della pittura, que contén o primeiro estudo científico da perspectiva, ou de escultura como Della statua.

No ano 1433 Alberti comezou a compoñer catro libros en italiano coñecidos como os Libri della Famiglia, considerada a súa obra mestra, rematada en 1441. En Rime (1441), colección de poesía en italiano, anóvaa no estilo e na métrica. No ano 1437 escribe Apologi, especie de breviario da súa filosofía de vida.

 
Santa Maria Novella, Florencia

En arquitectura foi un dos iniciadores da volta á linguaxe formal da arquitectura clásica. Deseñou e construíu as igrexas de Sant'Andrea en Mantua, San Francesco en Rímini e Santa Maria Novella en Florencia, e palacios renacentistas como o Palazzo Rucellai (1450-1460).

Foi un dos maiores organistas da súa época, e está considerado como o pai da criptografía occidental.

Véxase tamén

editar
  NODES
Idea 1
idea 1
todo 2