Leopardo das neves

O leopardo das neves (Panthera uncia), tamén coñecido como onza,[2] é un gran félido nativo das áreas montañosas de Asia Central e Meridional. Está considerada unha especie ameazada segundo a Lista Vermella da IUCN xa que, no ano 2003, o tamaño da súa poboación en liberdade estimouse entre 4 080 e 6 590 adultos. Menos de 2 500 individuos reprodutores poderían estar en liberdade.[3] No 2016, estimouse que a súa poboación podería roldar entre os 4 080 e os 8 700 individuos.[4]

Leopardo das neves
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Feliformia
Familia: Felidae
Subfamilia: Pantherinae
Xénero: Panthera
Especie: P. uncia
(Schreber, 1775)
Distribución do leopardo das neves
Distribución do leopardo das neves

Distribución do leopardo das neves
Sinonimia
  • Felis uncia Schreber, 1775
  • Felis irbis Ehrenberg, 1830 (Felis uncia Schreber, 1775), por posterior denominación (Palmer, 1904)
  • Uncia uncia Pocock, 1930

Os leopardos das neves habitan nas zonas alpinas e subalpinas entre os 3 000 e os 4 500m. Nos países máis setentrionais nos que habita, tamén está presente a menores alturas[5]

Taxonomicamente, o leopardo das neves foi clasificado como Uncia uncia dende comezos da década de 1930. Baseado en estudos xenéticas, a especie está considerado como membro do xénero Panthera dende o 2008.[6] Existen dúas subespecies, pero as diferenzas xenéticas aínda non foron estabelecidas.[7]

  1. Jackson, R., Mallon, D., McCarthy, T., Chundaway, R.A. e Habib, B. "Panthera uncia". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. "Entrada onza en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2017. Consultado o 12 de agosto de 2019. 
  3. "Panthera uncia". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2016.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2008. 
  4. Nyhus, P.; McCarthy, T.; Mallon, D. (2016). Academic Press, ed. Snow Leopards. Biodiversity of the World: Conservation from Genes to Landscapes. Londres, Oxford, Boston, Nova York, San Diego. 
  5. T. M. (2003). International Snow Leopard Trust and Snow Leopard Network, ed. Snow Leopard Survival Strategy. Seattle, USA. 
  6. Janecka, J. E.; Jackson, R.; Zhang, Y.; Diqiang Li, Munkhtsog; Buckley-Beason, V.; Murphy, W. J. (2008). "Population Monitoring of Snow Leopards Using Noninvasive Genetics". Cat News 48: 7–10. 
  7. Pakistan Hotline (ed.). "National Symbols and Things of Pakistan". Consultado o outubro de 2016. 
  NODES
INTERN 3
todo 1