Lesende, Lousame
San Martiño de Lesende é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 279 habitantes (145 homes e 134 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación.
Lesende | |
---|---|
Campo de fútbol de Cabanetan. | |
Concello | Lousame[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°47′33″N 8°49′19″O / 42.7924, -8.822 |
Poboación | 279 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarLimita ao norte con Toxos Outos, ao noroeste con Noia, ao sur con Lousame e ao leste con Vilacova. Está situada no curso medio do río Vilacova, na súa maior parte na ribeira dereita. O punto de maior altitude é o monte Colou (508 m), desde onde se divisa a ría de Muros e Noia.
Por esta parroquia pasa o río Vilacova.Ten un solo maioritariamente forestal. O punto de maior altitude e o monte Colou con 508 metros sobre o nivel do mar.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Lesende, Lousame.
-
Campo de fútbol de Cabanetan antes do arranxo.
-
Petróglifo en Lesende.
Lugares e parroquias
editarLugares de Lesende
editarLugares da parroquia de Lesende no concello de Lousame (A Coruña) | |
---|---|
A Aguieira | Béxeres | Cairo | Horta | Lesende | O Mirón | Quintáns | Soutorredondo |