Liña 2 do metro de Barcelona
A liña 2 ou liña lila do metro de Barcelona é unha liña de ferrocarril metropolitano soterrada que dá servizo nas cidades de Barcelona, Sant Adrià de Besòs e Badalona. Foi a última liña inaugurada durante o século XX á rede do metro e a primeira totalmente equipada con ascensores hidráulicos para ser adaptada a persoas con mobilidade reducida e pavimento de textura especial para invidentes. Actualmente ten trece quilómetros de lonxitude e dezaoito estacións.[1]
O trazado da liña, que une Paral·lel e Badalona Pompeu Fabra, é de dobre vía soterrada. Os talleres e as cocheiras atópanse no Triángulo Ferroviario, preto da estación de La Pau. Ademais ten enlaces de servizo en Paral·lel coa liña 3 e en La Pau coa liña 4, entre outros.
Notas
editar- ↑ Transports Metropolitans de Barcelona, ed. (10 de xullo de 2010). "A rede de metro de TMB chega aos 100 km coa prolongación do L2 ao centro de Badalona". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 1 de outubro de 2010.