Liñaceiro de bico escuro
Liñaceiro de bico escuro | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Linaria cannabina (Linnaeus, 1758) |
O liñaceiro de bico escuro[1] (Linaria cannabina[2][3]) é unha especie de pequena ave paseriforme da familia dos frinxílidos (Fringillidae).
Descrición
editarÉ un paxaro delgado cunha cola longa. As partes externas son pardas, a testa é algo abrancazada e o peteiro é gris. O macho no verán ten a caluga gris, parches vermellos na testa e peito vermello.
As femias e os exemplares novos non teñen o vermello e debaixo teñen branco, co papo moi lustroso. O canto ten trilos rápidos e píos. Ás veces pódeselles atopar centenares de millas dentro do mar.[4] O seu nome científico vén polo seu agarimo ao Cannabis.
Distribución
editarA ave procrea en Europa, oeste de Asia, norte de África. É parcialmente residente, aínda que moitos paxaros do leste e do norte migran máis ao sur ou se mudan ás costas.
Terras abertas con sebes favorecen a cría. Constrúe os seus niños nunha mata, pondo 4 a 7 ovos. Pode voar en grandes flocos fóra da estación de procreación, ás veces mesturada con outros frinxílidos, tales como Linaria flavirostris, nas costas. Aliméntase de sementes.
Conservación
editarAsí estaba Xan Xanelas, —Popular[5]
|
O liñaceiro común está na Lista vermella IUCN marcada como en risco, e listada no Reino Unido Biodiversity Action Plan como de prioridade. As poboacións británicas declinan, atribuído ao incremento do uso de herbicidas, para abater matogueiras agresivas. Na Península Ibérica é moi abondoso.
Notas
editar- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.
- ↑ Zuccon, Dario; Prŷs-Jones, Robert; Rasmussen, Pamela C.; Ericson, Per G. P. (February 2012). "The phylogenetic relationships and generic limits of finches (Fringillidae)". Molecular Phylogenetics and Evolution 62 (2): 581–596. doi:10.1016/j.ympev.2011.10.002.
- ↑ "Finches, euphonias « IOC World Bird List". www.worldbirdnames.org (en inglés). Consultado o 2017-06-07.
- ↑ "The Mirror of Literature, Issue 274" (en inglés).
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha do pardillo común. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 93. ISBN 84-7154-379-6.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Liñaceiro de bico escuro |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Liñaceiro de bico escuro |
Bibliografía
editar- IUCN2006. Asesores: BirdLife International. 2004. ide: 53450. Carduelis cannabina.