Unha libación[1] é un ritual que consiste na vertedura dun líquido en ofrenda a un deus ou espírito ou na memoria daqueles que morreron. Era unha práctica común nas relixións da antigüidade.[2]

Estatua romana de bronce dun sacerdote inclinando unha patera en xesto de libación.

Para as libacións, empregábanse diversos tipos de substancias, sendo a máis común o viño e o aceite de oliva, e na India, o ghee. Os recipiendtes usados no ritual, como a patera, adoitaban ter unha forma significativa que os diferenciaba dos vasos normais. A libación podía facerse enriba dun lugar relixiosamente relevante, como un altar, ou na mesma terra.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para libación.
  2. Louise Bruit Zaidman and Pauline Schmitt Pantel, Religion in the Ancient Greek City, traducido por Paul Cartledge (Cambridge University Press, 1992, 2002, orixinalmente publicado en 1989 en francés), p. 28.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  • Eliade, Mircea (1983). Le chamanisme et les techniques archaïques de'l extase. París: Éditions Payot. 
  • Eliade, Mircea (2001). A samanizmus. Az extázis ősi technikái. Osiris könyvtár (en húngaro). Budapest: Osiris. ISBN 963-379-755-1. 
  • Hoppál, Mihály (2005). Sámánok Eurázsiában (en húngaro). Budapest: Akadémiai Kiadó. ISBN 963-05-8295-3. 
  NODES
todo 1