Liechtenstein

principado do centro da Europa

Liechtenstein[1] (Gl-Liechtenstein.ogg [ˈlɪçtn̩ˌʃtaɪ̯n] ) (en alemánLiechtenstein[ˈlɪçtn̩ˌʃtaɪ̯n] (AFI)De-Liechtenstein2.ogg escoitar), oficialmente Pincipado de Liechtenstein (Gl-Principado de Liechtenstein.ogg [ˈlɪktənstaɪn] ) (en alemánFürstentum Liechtenstein[ˈfʏʁstn̩tuːm ˈlɪçtn̩ʃtaɪn] (AFI)) é un minúsculo principado do centro da Europa de lingua alemá, encravado nos Alpes, entre a Austria, ao leste, e a Suíza ao oeste. Non ten saída o mar e é coñecido por ser un paraíso fiscal. Aínda que non pertence á Unión Europea, desde decembro de 2011 forma parte do espazo de libre circulación Schengen. Liechtenstein é unha monarquía constitucional dirixida polo Príncipe de Liechtenstein.

Modelo:Xeografía políticaLiechtenstein
Liechtenstein (de)
Fürstentum Liechtenstein (de) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoOben am jungen Rhein Editar o valor en Wikidata

Lema«Für Gott, Fürst und Vaterland» Editar o valor en Wikidata
EpónimoCasa de Liechtenstein (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 47°08′42″N 9°33′14″L / 47.145, 9.55389
CapitalVaduz Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación37.922 (2017) Editar o valor en Wikidata (237,01 hab./km²)
Lingua oficiallingua alemá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie160 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Rin Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoGrauspitz (pt) Traducir (2.599 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoRío Rin (430 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Suíza
Austria (1918–)
Unión Europea (1995–) Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación12 de xullo de 1806 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
8 de novembro de 1918November 1918 Liechtenstein putsch (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional Editar o valor en Wikidata
• Príncipe Editar o valor en WikidataHans Adam II de Liechtenstein (1989–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoCabinet of Liechtenstein (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Prime Minister of Liechtenstein (en) Traducir Editar o valor en WikidataDaniel Risch (pt) Traducir (2021–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoLandtag de Liechtenstein (pt) Traducir , (Escano: 25) Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialOberster Gerichtshof (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal7.186.428.783 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Orzamento1.486.800.000 Fr (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaFranco suízo Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal9485–9498 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.li Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+423 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 117, 118 e 144 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Código de paísLI Editar o valor en Wikidata
Código NUTSLI Editar o valor en Wikidata

Sitio webliechtenstein.li Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4575472

É o cuarto país máis pequeno de Europa, cunha superficie de pouco máis de 160 km² e unha poboación de 38.749 habitantes (en 2019).[2] Dividida en 11 concellos, a súa capital é Vaduz e o seu municipio máis grande é Schaan. Tamén é o país máis pequeno que fai fronteira con dous países.[3] Liechtenstein é un País sen litoral entre Suíza e Austria.

Economicamente, Liechtenstein ten un dos produtos interiores brutos por persoa máis altos do mundo cando se axusta á paridade de poder adquisitivo.[4] O país ten un forte sector financeiro centrado en Vaduz. Antes era coñecido como un paraíso fiscal multimillonario, pero xa non figura nas listas negras oficiais de países paraísos fiscais que non cooperan. Un País alpino, Liechtenstein é montañoso, polo que é un destino de deportes de inverno.

Liechtenstein é membro das Nacións Unidas, da Asociación Europea de Libre Comercio e do Consello de Europa. Aínda que non é membro da Unión Europea, participa tanto no Espazo Schengen como no Espazo Económico Europeo. Ten unha unión aduaneira e monetaria con Suíza.

Historia

editar

O moderno territorio coñecido como Liechtenstein foi antes unha parte (aínda que diminuta) da provincia de Recia do antigo Imperio Romano. Durante séculos este territorio, xeograficamente excluído dos intereses estratéxicos europeos, contribuíu pouco á historia europea. Antes do goberno da dinastía actual, a rexión era un recinto feudal dunha das primeiras liñas da Casa dos Habsburgo. A Casa de Liechtenstein que goberna actualmente ten a súa orixe na afastada Silesia.

A dinastía de Liechtenstein, da cal o Principado toma o seu nome (máis que ao revés) estaba entre as familias nobres máis poderosas de Alemaña ao final da Idade Media. A pesar diso, e aínda que posuísen grandes terreos en Alemaña, estes custosos territorios estaban dados nun réxime feudal baixo o dominio de señores feudais, principalmente da Casa dos Habsburgo. Polo tanto, sen posuír ningún territorio directamente baixo o mandato Imperial, a dinastía Liechtenstein non cumpría o requisito imprescindible para poder formar parte da Reichstag.

En 1699 o príncipe Johann Adam de Liechtenstein comprou o dominio de Schellenberg e en 1712 o condado de Vaduz. Ao adquirir estes dous condados pretendía, deste xeito, un lugar no goberno do Sacro Imperio Romano. O 23 de xaneiro de 1719 o emperador Carlos VI decretou que os condados de Vaduz e Schellenberg se unisen para formar un principado co nome de Liechtenstein en honra ao seu servo Anton Florian de Liechtenstein. É neste momento cando Liechtenstein se converte nun estado soberano do Sacro Imperio Romano Xermánico. Ironicamente, aínda que como proba da importancia política que tiñan estas compras de territorios, os Príncipes de Liechtenstein non pisaron os seus dominios no principado ata varias décadas máis tarde.

En 1806, o Sacro Imperio Romano foi invadido por Francia. Este feito trouxo grandes consecuencias para Liechtenstein. As maquinarias legais e políticas do Imperio derrubáronse cando o Emperador abdicou. O propio Imperio disolveuse. O resultado da disolución foi que Liechtenstein xa non tiña obrigas para ningún señor feudal máis aló das súas fronteiras. Algunhas publicacións modernas atribúen (incorrectamente) a soberanía de Liechtenstein a estes sucesos. En realidade, o seu príncipe converteuse no único señor soberano do principado.

Ata a fin da primeira guerra mundial Liechtenstein estaba fortemente ligado con Austria, pero a devastación económica causada por ese conflito forzou ao país a concluír unha unión monetaria e aduaneira con Suíza. Cando en 1938 a Alemaña Nazi se anexionou Austria, o principado viuse rodeado de territorios alemáns. No entanto, apoiouse en Suíza para manter a súa neutralidade aínda que, durante o desenvolvemento da segunda guerra mundial, cando Hitler arrasaba Europa coas súas conquistas, temeu pola súa propia estabilidade. Para evitar unha invasión colaborou coas potencias do Eixo.

En 2000 o país adhírese ao Espazo Económico Europeo (EEE), o cal obriga a redefinir certos termos da unión aduaneira con Suíza, que non pertence a tal asociación.

Cronoloxía de Liechtenstein

editar
  • 1342 - Vaduz aparece citada pola primeira vez
  • 1699 - O Príncipe Johann Adan Andreas adquire as terras correspondentes a Schellenberg e en 1712 as terras correspondentes a Vaduz
  • 1719 - É elevado a Principado Imperial de Liechtenstein
  • 1806 - Independízase
  • 1868 - Abolición das forzas armadas
  • 1921 – Promúlgase unha nova constitución
  • 1924 - Firma do tratado coa Suíza e introdución do franco suízo na súa economía
  • 1978 - Ingresa no Consello de Europa
  • 1990 - Ingresa na ONU
  • 1991 - Ingresa na EFTA Asociación Europea de Libre Comercio)
  • 1995 - Adhírese á Área Económica Europea e mais á OMC (Organización Mundial do Comercio)

Goberno e política

editar
Artigo principal: Política de Liechtenstein.

Liechtenstein é unha monarquía constitucional, encabezada polo príncipe, ou Fürst, que desde 1989 é Hans Adam II de Liechtenstein. A soberanía do Estado é compartida entre o príncipe e os cidadáns, os cales elixen un parlamento. O parlamento de Liechtenstein, o Landtag, está composto de 25 representantes escolleitos polo pobo. Unha cámara de cinco integrantes é a responsable dos asuntos políticos diarios.

Nun referendo levado a cabo o 1 de xullo de 1984, os votantes varóns permitiron ás mulleres o dereito a votar nas eleccións nacionais (aínda que non nas locais), unha vitoria do príncipe Hans Adam, quen apoiaba totalmente este cambio de lexislación. Contrariamente a outras monarquías constitucionais, a constitución de Liechtenstein asigna importantes poderes ao príncipe, o que produciu que algún deses poderes cause certa controversia nos últimos anos. Entre estes poderes, o príncipe pode vetar as leis aprobadas polo parlamento.

Con todo, nun referendo popular celebrado en marzo de 2003 reforzou a posición constitucional da dinastía reinante de Liechtenstein. Antes de devandito referendo, o príncipe Hans Adam, anunciara que el e a súa familia abandonarían Liechtenstein para ir vivir a Viena, en Austria, deixando a posibilidade de que Liechtenstein se convertese nunha república se os poderes da súa casa non eran referendados. O referendo confirmaría a popularidade coa que contaba a dinastía de Liechtenstein e a confianza que a maioría do pobo deposita no príncipe Hans Adam como líder.

Lista de príncipes do Liechtenstein

editar
  • Karl I: 1608-1627
  • Karl Eusebius: 1627-1684
  • Johann Adan Andreas: 1699-1712
  • Josef Wencel: 1712-1718
  • Anton Florian: 1718-1721
  • Josef Johann Adan: 1721-1732
  • Josef Wencel: 1732-1745
  • Johann Nepomuk Karl: 1732-1748
  • Josef Wencel: 1748-1772
  • Franz Josef I: 1772-1781
  • Alois I: 1781-1805
  • Johann Josef I: 1805-1836
  • Johannes II: 1858-1929
  • Franz I: 1929-1938
  • Franz Josef II: 1938-1989
  • Hans Adam II: desde 1989.

O 15 de agosto de 2004, Hans Adam II formalmente delegou os seus poderes no seu fillo, Alois de Liechtenstein. Hans Adam II, con todo, mantense como xefe de estado.

Organización territorial

editar
 
Vaduz, capital de Liechtenstein
Artigo principal: Subdivisións de Liechtenstein.

Liechtenstein está dividido en 11 comunidades (Gemeinden - singular Gemeinde), moitas delas son só unha única localidade.

Xeografía

editar
 
Mapa de Liechtenstein
Artigo principal: Xeografía de Liechtenstein.

Liechtenstein atópase no val do Rin nos Alpes. A fronteira occidental do Liechtenstein coincide con parte deste río. A parte oriental do país ten unha altitude máis elevada. O punto máis alto é o Grauspitz, a 2.599 m.

A pesar da súa localización alpina, o vento predominante é o vento de sur, o que torna o clima máis ameno. No inverno, poden practicarse deportes propios desta estación.

Economía

editar
Artigo principal: Economía de Liechtenstein.
 
Sede de Hilti AG en Schaan, Liechtenstein.

A pesar de posuir limitados recursos naturais e ter un territorio pequeno, Liechtenstein é unha economía próspera, ben industrializada e ben servida dun sector de servizos financeiros. Por iso, posúe un padrón de vida comparable ao dos seus grandes veciños europeos. A economía de Liechtenstein é diversificada, con gran número de empresas de pequeno porte. Os baixos impostos de negocio (a taxa máxima de imposto é 20%) e regras fáciles da incorporación atraeron empresas estranxeiras para abriren escritorios nominais, fornecendo o 30% do rendemento ao Estado. O país tamén é coñecido por ser paraíso fiscal para fondos de investimento e bancos, que se interesan pola integración do país no sistema bancario internacional, a estabilidade política, a boa infraestrutura, os baixos impostos e a posición xeográfica favorable. Estas condicións atraen sociedades offshore.

Liechtenstein tamén posúe un tratado aduaneiro desde 1924 coa Suíza, o que permite que o país actúe dentro da zona comercial e aduaneira helvética. En 1995, o país pasou a integrar da AELC (Asociación Europea de Libre Comercio). O goberno local tamén está adecuando as políticas económicas coas comunmente feitas polos países da Unión Europea.

  • Moeda oficial: franco suízo.

Demografía

editar
Artigo principal: Demografía de Liechtenstein.

Liechtenstein é, con 34.542 habitantes en 2011, o cuarto país menos poboado de Europa, logo da Cidade do Vaticano, Mónaco e San Marino. A súa poboación residente está composta por ao redor dun terzo de estranxeiros, sobre todo alemáns, austríacos e suízos.

O idioma oficial é o alemán, aínda que a maioría fala un dialecto alemánico. En asuntos de relixión, hai aproximadamente un 76% de católicos romanos e un 7% de protestantes.

Transporte

editar

Hai aproximadamente 250 km de calzada pavimentada dentro de Liechtenstein e 9,5 km de ferrocarril. Os ferrocarrís do país son administrados pola empresa Ferrocarrís Federais Austríacos, como parte da ruta entre Feldkirch (Austria) e Buchs (Suíza). Hai catro estacións de tren en Liechtenstein: Schaan-Vaduz, Forst Hilti, Nendeln e Schaanwald, as cales son servidas por un servizo de tren regular, que circula entre Feldkirch e Buchs. A ruta que pasa por Liechtenstein é unha liña de grande importancia para o tráfico ferroviario; trens EuroCity atravesan o territorio sen parar nas pequenas estacións de Liechtenstein.

En Liechtenstein o autobús é un subsidiario do sistema suízo Postautobus, pero controlado separadamente, e conecta coa rede suíza de autobús en Buchs SG e en Sargans, así como na cidade austríaca de Feldkirch.

Hai 90 km de camiños de bicicleta marcados no país. O principado non ten aeroporto e o internacional máis próximo é o de Zürich. Preto de Balzers hai un pequeno heliporto, apto para pequenos helicópteros.

Cultura

editar
Artigo principal: Cultura de Liechtenstein.
  1. Entrada liechtensteinés -sa en Digalego[Ligazón morta]
  2. Bevölkerungsstatistik. Amt für Statistik. Liechtenstein. 30 de xuño de 2019
  3. "The smallest countries in the world by area". www.countries-ofthe-world.com (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2018. 
  4. CIA – The World Factbook – Country Comparison :: GDP – per capita (PPP) Arquivado 24 de abril de 2013 en Wayback Machine. Cia.gov. Consultado o 24 de decembro de 2011.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
Intern 6
iOS 7
mac 2
multimedia 1
OOP 2
os 121
todo 4
web 1