Linfa

líquido que se transporta polos vasos linfáticos

A linfa é un líquido claro, transparente, alcalino, amarelo claro ou opalescente, de sabor salgado, que se transporta polos vasos linfáticos en sentido unidireccional e filtrado nos linfonodos ou nódulos linfáticos. Despois da filtraxe, a linfa lánzase ao sangue, desembocando en veas.

A linfa prodúcese polo exceso de líquido que sae dos capilares sanguíneos ao espazo intersticial ou intercelular, sendo recollida polos capilares linfáticos que drenan aos vasos linfáticos máis grosos ata converxer en condutos que verten nas veas subclavias.

A linfa percorre o sistema linfático grazas ás débiles contraccións dos músculos, da pulsación das arterias próximas e do movemento das extremidades. Se un vaso sofre unha obstrución, o líquido acumúlase na zona afectada, producíndose un inchazo denominado edema.

A linfa está composta dun líquido claro pobre en proteínas e rico en lípidos, parecido ao sangue, mais coa diferenza de que as únicas células que contén son glóbulos brancos que migran dos capilares, sen conter hemacias. É máis abundante a linfa que o sangue.

A linfa pode conter microorganismos que se eliminan ao pasar polo filtro dos ganglios linfáticos.

  NODES
iOS 1
mac 1
os 36
todo 1