Lingua birmana

lingua

A lingua birmana[3] (en birmano: မြန်မာဘာသာ) é a lingua oficial de Myanmar. O birmano é a lingua nativa dos bamar e outros subgrupos étnicos bamar, así como por minorías de Myanmar como os mon.

Birmano
မြန်မာစာ
Pronuncia:[mjəmàzà]
Falado en: Myanmar, Tailandia, Malaisia, Singapur
Total de falantes: 33,2 millóns (2007)[1]
Familia: Sino-tibetano
 Lolo-búrmicas
  Búrmico
   Birmano
Escrita: Alfabeto birmano
Braille birmano
Status oficial
Lingua oficial de: Myanmar
Regulado por: Comisión da Lingua de Myanmar
Códigos de lingua
ISO 639-1: my
ISO 639-2: mya
ISO 639-3: mya
Mapa
Status

O birmano está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

O birmano é falado por 32 millóns de persoas como primeira lingua e como segunda por outros 10 millóns, particularmente as minorías étcnicas en Myanmar e nos países veciños.

O birmano é unha lingua tonal, moi monosilábica e analítica, cunha orde de palabras suxeito obxecto e verbo. É membro da familia lingüística Linguas tibeto-birmanas, que é unha subfamilia da sino-tibetana. A lingua emprega o alfabeto birmano, derivado da escritura antiga mon e da alfabeto brahmi.

  1. Nationalencyklopedin "Världens 100 största språk 2007" The World's 100 Largest Languages in 2007
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para birmano.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • Becker, Alton L. (1984). American Ethnological Society, ed. Text, play, and story: The construction and reconstruction of self and society. Washington, D.C. pp. 135–55. 
  • Bernot, Denise (1980). SELAF, ed. Le prédicat en birman parlé (en francés). París. ISBN 2-85297-072-4. 
  NODES
todo 1