Lingua emiliano-romañola
O emiliano-romañolo (en emiliano-romañolo: Emiliàn e rumagnòl) ou sanmarinés é unha lingua románica do grupo galoitálico. Como ocorre co resto de linguas rexionais italianas, o emiliano-romañolo adoita ser referido como un dialecto do italiano, mais non só non provén deste senón que pertencen a familias lingüísticas distintas. Xa que logo, o emiliano-romañolo posúe morfoloxía, sintaxe e léxico de seu.
Emiliano-romañolo Emiliàn e rumagnòl | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Sanmarinés | |
Falado en: | Italia San Marino | |
Rexións: | Emilia-Romaña | |
Total de falantes: | 2 millóns | |
Posición: | Non está entre as 100 primeiras | |
Familia: | Indoeuropea Itálico Románico Italo-occidental Galoitálico Emiliano-romañolo | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Non é oficial | |
Regulado por: | Non ten regulación oficial | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | roa | |
ISO 639-3: | ambos:egl — Emilianorgn — Romañol
| |
Mapa | ||
Status | ||
É falado na Italia noroccidental, Piacenza, Rávena, na Emilia-Romaña, Padana, sur da Lombardía (Mantua e Pavia), norte de Toscana (Lunigiana) e provincia de Pésaro, ademais de no Estado de San Marino, onde en 1993 era falado polo 83% da súa poboación (20.100 habitantes). Con todo, o número de falantes na Emilia-Romaña estímase en 3 500 000 aprox. (dato de 1987).
Uso
editarO uso do Emiliano-Romañolo no pasado foi estigmatizado nas zonas de emiliano-falantes debido a unha serie de razóns históricas e sociais, falar o "dialecto" considerábase un signo de mala educación ou de baixa condición social. Hoxe parece que está a perder as súas connotacións negativas, os falantes nativos utilízano en ámbitos familiares e de amizade. Esta lingua tamén é comunmente utilizada na industria ou nos lugares de traballo da construción, onde non é raro que os inmigrantes estranxeiros o falen cos compañeiros de traballo.
Dialectos
editarOs dialectos do emiliano-romañolo divídense en dous compoñentes principais, o emiliano e o romañolo, cada un dos cales inclúen distintos subdialectos.
Grupo | Dialecto |
---|---|
Emiliano | Emiliano oriental (Piacentino e Pavese-Vogherese) |
Lunigiano | |
Carrarese | |
Massese | |
Emiliano centro-oriental (Parmigiano) | |
Emiliano central (Reggiano e Modenese) | |
Emiliano do sur (Boloñés) | |
Emiliano noroccidental (Ferrarese e Mantovano) | |
Romañolo | Romañolo do norte |
Romañolo do sur |
Exemplos de vocabulario
editar- Si - Sé, Ói (boloñés), Sì (piacentino)
- Non - Nå (boloñés), No (piacentino)
- Quérote - A t vói bän (boloñés), A t' vöi bëin (piacentino)
- Grazas - A t aringrâzi (boloñés), A t' ringrasi (piacentino)
- Bo día - Bån dé (boloñés), Bon giùran (piacentino)
- Adeus - A se vdrän (boloñés), Arvëdas (piacentino)
- Eu - Mé, A (boloñés), Me, Mi (piacentino)
- E - E
- Canto é? - Quant véńnel? csa cåsstel? (boloñés), cus al custa, quant al custa, cus al vegna? (piacentino)
- Como te chamas? - Cum t ciâmet? (boloñés), cma ta ciamat? (piacentino)
- Chámome... - A m ciâm ... (boloñés), me/mi a m' ciam... (piacentino)
- Árbore - Âlber (boloñés); pianta, ärbul (piacentino)
- Cidade - Zitè
- Café - Cafà (boloñés), café (piacentino)
- Viño - Vén (boloñés), vëin (piacentino)
- Auga - Âcua
- Sol - Såul (boloñés), sul (piacentino)
- Linguaxe - Längua (boloñés), lëingua (piacentino)
- Mundo - Månnd
- Paz - Pèś
Notas
editar- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Lingua emiliano-romañola |