Lingua guaymí

lingua da familia chibcha falada en Panamá e Costa Rica

A lingua guaymí ou ngäbere, coñecida tamén como movere, chiriquí e valiente, é unha lingua chibcha falada polo pobo guaymí de Panamá e Costa Rica. Os membros do pobo chámanse a si mesmos ngäbe (pronunciado ˈŋɔbe) e á súa lingua como ngäbere [ŋɔˈbeɾe].[3] Os ngäbes son o meirande pobo indíxena de Panamá. A lingua ten o seu foco en Panamá dentro da reserva indíxena semiautónoma coñecida como Comarca Ngäbe-Buglé. A partir da década de 1950, Costa Rica comezou a recibir inmigrantes ngäbe, onde se atopan en varias reservas indíxenas: Abrojos Montezuma, Conteburica, Coto Brus, Guaymí de Alto Laguna de Osa e Altos de San Antonio.[4]

Guaymí
Ngäbere
Pronuncia:[ŋɔˈbeɾe]
Outros nomes:Movere
Falado en: Panamá e Costa Rica
Total de falantes: 170.000 (2012)[1]
Familia: Americana
 Chibcha
  Waimí
   Guaymí
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: gym
Mapa
Status

O guaymí está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

Sistema de escrita

editar

Como lingua tradicionalmente oral, o sistema de escritura do ngäbere foi creado recentemente. Desenvolveuse un alfabeto utilizando a escritura latina, baseado no alfabeto español. Xa que o castelán é a lingua máis empregada na rexión centroamericana, o alfabeto baseouse no alfabeto castelán nun intento de crear un sentido máis estreito de correlación entre as dúas linguas.[3]

  1. "Buglere". Ethnologue (en inglés). Consultado o 2023-01-27. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Lininger Ross, B. (1981). Estudios Sobre el Guaymí Ngäbere: Fonologia, Alfabeto Y Diccionario Provisional. Revista De Filología y Lingüística De La Universidad De Costa Rica, 7)
  4. Murillo Miranda, J. M. (2009). The nominal phrase ngäbére. Forma y Función, 22(2), 43-69.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
todo 1