Lingua konkani
O konkani (devanágari: कोंकणी koṃkaṇī; kanará: ಕೊಂಕಣಿ; malayalam: കൊംകണീ) é unha lingua indo-ariana falada na India. Comezou por ser un vernáculo do sánscrito, con corrupción inevitábel dalgunhas palabras. Estivo relativamente fóra do alcance de influencias doutras linguas, con excepción dun pouco do portugués (nos últimos tres ou catro séculos) e algún canará (durante o período Kadamba dos séculos XII ao XIV). Por esta razón, está moito máis próxima do sánscrito do que a lingua marathi (a cal foi transformada partir do antigo prácrito con influencia significativa do persa).
Konkani | ||
---|---|---|
Falado en: | Konkan | |
Total de falantes: | 7,5 millóns | |
Posición: | 113a posición como lingua nativa. | |
Familia: | Indoeuropea Indoiranias Indoaria grupo occidental e suroeste Konkani | |
Escrita: | Devanágari, alfabeto latino, malayalam, abugida kanará | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | estado indiano de Goa. | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | kok
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua konkani fálase en toda a rexión de Konkan: Goa, costa sur de Maharashtra, costa de Karnataka e Kerala. Cada rexión ten un dialecto único e un estilo propio de pronuncia. Teorízase que a lingua espallárona nestas áreas os habitantes de Goa que fuxiran da Inquisición portuguesa durante a administración portuguesa. Escríbese co tradicional devanágari e co alfabeto romano, como resultado da permanencia portuguesa na rexión. A escrita kanará úsase en Mangalore, e noutras rexións de Karnataka.
O konkani estivo en perigo de desaparecer, pois a progresiva modernización occidental do subcontinente indio (incluíndo a forte influencia portuguesa en Goa desde o século XVI) resultou na maior utilización do inglés entre os católicos, en canto que diferenzas locais levaron á adaptación do marathi polos hindús da costa do Maharashtra. Esta práctica mudou en 1985 por un movemento konkani en Goa apoiada por grupos de ambas as dúas relixións. O konkani fálase agora por toda a Goa, e é a lingua oficial do estado. Desde entón, recibiu o estatuto de lingua oficial na Constitución da India.
O primeiro libro coñecido en konkani escribiuno en 1651 Frei Thomas Steven, co título de Doctrina Christi ("As doutrinas de Cristo"). Presúmese que os portugueses destruíron todos os textos konkani anteriores ao século XVI.
Notas
editar- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Lingua konkani |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina do Ethnologue acerca do konkani
- Learn Konkani online Arquivado 28 de marzo de 2014 en Wayback Machine.
- The Origins of the Konkani Language
- Vauraddeancho Ixtt - The Konkani Weekly
- The Kanara Saraswat Association - A vital social link for uniting the scattered units of the Konkani speaking Chitrapur Saraswat Community
- About the roots of the Konkani speaking Saraswat Brahmin community