Lingua prusiana antiga

O prusiano antigo é unha lingua báltica extinta, falada polos habitantes da zona que posteriormente se chamou Prusia Oriental (hoxe repartida entre Polonia, Lituania e a rexión rusa de Kaliningrado) antes das colonizacións alemá e polaca do século XIII. Despois desta colonización, empezouse a falar un dialecto xermánico do Baixo Alemán Oriental chamado tamén prusiano polo que é conveniente non confundilos. Na rexión lituana de Klaipėdá existe un grupo de persoas que intenta revivir unha versión reconstruída deste idioma báltico.

Prusiano antigo
Falado en: Prusia
Total de falantes: comezos do século XVIII
Familia: Indoeuropea
 Bálticas
  Occidental
   Prusiano antigo
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: prg
Mapa
Status

Características

editar

O prusiano antigo está estreitamente emparentado coas outras linguas bálticas extintas, o galindiano (falado antigamente no territorio do sur) e o sudoviano (ao leste). A súa relación é máis afastada coas linguas bálticas orientais, aínda vivas, o lituano e máis aínda co letón.

Os Aesti, mencionados por Tácito na súa Germania, poderían ter sido un pobo falante de prusiano antigo. Segundo os describe Tácito, eran un pobo como os demais suevos (un grupo de pobos xermánicos) pero cun idioma máis "británico" (celta).

Durante a Reforma e despois dela, grupos de persoas de Polonia, Lituania, Francia e Austria atoparon refuxio en Prusia. Estes novos inmigrantes provocaron un lento declive no uso do antigo prusiano, xa que os prusianos comezaron a adoptar os idiomas dos recentemente chegados. O prusiano antigo probabelmente deixou de ser falado arredor do final do século XVII coa gran praga.

Dáselle o nome de "prusiano antigo" para evitar a confusión co adxectivo "prusiano", que se relaciona co posterior estado alemán. O nome do país en prusiano antigo, sen ser latinizado, foi Prusa; isto pode usarse para reconstruír o idioma a partir do estado posterior. O prusiano antigo empezou a escribirse no século XIV, e del sobrevive moi pouca literatura.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  NODES
os 35
text 2
todo 1