Linguaxe corporal

A linguaxe corporal é unha forma de comunicación non verbal de natureza tanto voluntaria como involuntaria, constituída por movementos, acenos, posturas etc.

É utilizada polo neno nos seus primeiros momentos de vida de xeito natural. Posteriormente, vaise enriquecendo coa experiencia e a imitación doutras persoas. Este tipo de linguaxe pode ser substitutiva ou apoia-la fala cando existen problemas que impiden o uso ou correcta utilización da linguaxe falada. No campo da discapacidade mental, física ou sensorial, actúa como compensador das discapacidades á persoa con discapacidade e axuda ó profesional, quen debe saber facer unha correcta lectura da xestualidade da persoa con discapacidade, para comprender e interpretar correctamente as súas demandas, estado de ánimo ou necesidades.

  NODES
todo 1