Llanddyfnan
Llanddyfnan é unha comumidade de Gales localizada no condado de Anglesey, a 5,6 km ao nordeste de Llangefni, 10,6 ao noroeste de Menai Bridge e 11,4 ao oeste de Beaumaris. Os seus 1061 habitantes[1] distribúese nas aldeas de Capel Coch, Ceint, Llanddyfnan, Llangwyllog, Maenaddwyn, Mynydd Bodafon, Talwrn e Tregaian. O galés é a lingua principal da comunidade, segundo o censo de 2011 o 70,2% da poboación pódeo falar.[2]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
País | Gales | ||||
Área principal | Isle of Anglesey (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.065 (2021) | ||||
Creación | 1 de abril de 1974 | ||||
Tres das igrexas da comunidade son de especial interese grao II*. A igrexa de San Caian de Tregaian data de cando menos o século XIV, data á que pertence unha das súas fiestras, a porta sur é do XV e o púlpito contén feituras do XVII. Mentres a pía é do século XII.[3] A igrexa de San Cwyllog en Llangwyllog é de contra o 1200, e xa se menciona no Norwich Taxation de 1254, non obstante os elementos datables máis antigos, unha porta e unha fiestra, son do século XV, restaurouse en 1854.[4] Na aldea de Llanddyfnan está a igrexa de San Dyfnan, do século XIV.[5]
Cors Bodeilio, preto de Talwrn, é unha reserva nacional natural e zona húmida de importancia internacional. É unha turbeira, onde se localizan especies como Potamogeton coloratus, orquídeas, mazaricos, avefrías e becacinas.[6] No nordeste de Tregaian hai outra reserva natural nacional, Cors Erddreiniog, onde se desenvolven especies como a Myrica gale, Gentiana pneumonanthe, Coenagrion mercuriale ou a gatafornela.[7]
Notas
editar- ↑ "Censo 2011 - Poboación". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 14 de marzo de 2015.
- ↑ Censo 2011 - Poboación
- ↑ Cadw (ed.). "Church of St Caian". Historic Wales. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2012. Consultado o 18 de abril de 2013.
- ↑ Cadw (ed.). "Church of St Cwyllog". Historic Wales. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2011. Consultado o 18 de abril de 2013.
- ↑ Royal Commission on the Ancient and Historical Monuments of Wales (ed.). "St Dyfnan's Church". Coflein. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2015. Consultado o 18 de abril de 2013.
- ↑ Countryside Council for Wales (ed.). "Cors Bodeilio". Landscape and Wildlife. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 18 de abril de 2013.
- ↑ "Cors Erddreiniog". Landscape and Wildlife. Countryside Council for Wales. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 18 de abril de 2013.