Lolland (antigamente escrito Laaland), literalmente "terra baixa" é a cuarta illa máis grande de Dinamarca, cunha área de aproximadamente 1.243 km². Situada no mar Báltico, é unha parte do distrito de Storstrøm.

Modelo:Xeografía políticaLolland
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 54°46′10″N 11°25′28″L / 54.76944, 11.42444
Estado federadoDinamarca
RexiónZelândia (pt) Traducir
ConcelloLolland (município) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación59.456 (2019) Editar o valor en Wikidata (47,84 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie1.242,86 km² Editar o valor en Wikidata
Medición20 (ancho) × 58 (lonxitude) km
Bañado porBelt Sea (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

A cidade máis grande de Lolland é Nakskov, con 14.200 residentes. Outras cidades dignas de mención son Maribo, Sakskøbing (que foi a capital de Dinamarca durante dous anos no século XV, e Rødby.

Xeografía

editar

O punto máis alto está a 25 m., preto da aldea de Horslunde no noroeste. A illa é baixa e hai ata zonas no sur a 2 metros baixo o nivel do mar. Case toda a costa meridional tivo que ser protexida por diques logo das ondas devastadoras provocadas pola tormenta de 1872. As costas son dificilmente accesibles desde o mar, con poucas excepcións, entre os actuais bancos de area. Os mares e rutas marítimas ao redor da illa son o estreito Guldborgsund no leste, o Mecklenburger Bucht e o Fehmarnbelt no sur, no oeste o Langelandsbelt e finalmente no norte o Smålandsfarvandet (Smålandsfahrwasser) coas illas de Askø, Femø, Fejø e outras illas máis pequenas.

O chan, fértil, componse principalmente de arxila rica mesturada con humus, cunha capa de marga. Hai uns poucos páramos, pero non hai bosques importantes. O lago de Maribo é o lago máis grande da illa e atópase no centro da illa.

Os gobernos de Dinamarca e Alemaña planean conectar Lolland coa illa alemá de Fehmarn e está previsto inauguralo en 2018.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Done 1
orte 1