O loro ou lorum é a zona comprendida entre os ollos e as fosas nasais en aves, réptiles e anfibios. O adxectivo que se usa para referirse ao loro é loreal ou loral.

O Tauraco leucotis ten un característico loro branco ao que debe o seu nome científico.

Ornitoloxía

editar
 
O número "11" indica o loro desta aguia.
 
Escamas loreais de Mabuya multifasciata marcadas en vermello.
 
As fosetas termorreceptoras loreais de Bothriechis aurifer son maiores que as súas fosas nasais.

En ornitoloxía o loro ou lorum é a zona entre os ollos e a parte superior do peteiro, a ambos os lados da cabeza.[1] Esta zona ás veces está espida, e ademais a súa pel pode estar vivamente coloreada, como na familia dos corvos mariños.[2] Tamén pode presentar carúnculas como no caso dos caracarás. Se a ave presenta unha banda desde o ollo ao peteiro dunha cor diferente da plumaxe que a rodea, denomínase lista loral, que está presente en moitas especies de aves, como na píllara Charadrius ruficapillus. Se a liña vai por riba do loro ata a altura do ollo sen continuar por detrás del denomínase lista supraloral.[3]

Herpetoloxía

editar

Nos anfibios e réptiles o loro abrangue a zona inmediatemente comprendida entre os ollos e as narinas. Esta zona é análoga ao loro das aves, xa que estas adoitan ter as narinas na parte inicial do peteiro.

As escamas que presentan as serpes e os saurios nesta rexión denomínanse escamas loreais.[4] Os crótalos presentan un orificio en cada lado da cabeza entre os ollos e as fosas nasais denominado foseta loreal.[5]

  1. "Project Green Shores: Green Heron" (PDF). Consultado o 18 de xuño de 2011. 
  2. Margaret A. Wissman. "Avian Anatomy". Consultado o 18 de xuño de 2011. 
  3. Dunn, Jon L., ed (2006). Field Guide to the Birds of North America. Washington, D.C.: National Geographic Society. ISBN 0-7922-5314-0.
  4. Phil Bowles. "Glossary". The Online Field Guide. Arquivado dende o orixinal o 29 de febreiro de 2012. Consultado o 8 de marzo de 2012. 
  5. Campbell JA, Lamar WW. 2004. The Venomous Reptiles of the Western Hemisphere. 2 volumes. Comstock Publishing Associates, Ithaca and London. ISBN 0-8014-4141-2.
  NODES
Project 1
todo 1